Event finished

Tickets for Baixo a Vide: Bart Davenport en Santiago de Compostela

Baixo a Vide: Bart Davenport en Santiago de Compostela

Additional info

Baixo a Vide: Bart Davenport en Santiago de Compostela

  • 30 apr 2014
  • From €0.00
  • Sala Capitol, Santiago de Compostela show map
Event information
 

Entradas BART DAVENPORT en Santiago de Compostela

  • Data: Mércores 30 de abril de 2014
  • Lugar: Capitol Club - Santiago de Compostela
  • Prezo 12 € (15 en taquilla)
  • Apertura de portas 21:30h

O mestre californiano do pop cruzará o atlántico xunto a súa banda esta primaveira para presentar en España "Physical World", editado este 4 de marzo.

Ao longo dos anos Bart Davenport  foi moitas cousas: mod, bluesman ou trobador de softrock. O seu novo disco é unha culminación desas encarnacións. Con camisas dos 60’s, guitarras dos 80’s e a voz atemporal dun crooner, ten un pé na realidade e outro ben suxeito na fantasía da canción pop de tres minutos. Bart fala da vida e o amor no mundo moderno con total sinceridade e sentido do humor. O álbum abre con "Wearing The Changes", a cal foi estreada en primicia pola influinte Pitchfork.com e en breve poderemos escoitalo ao completo a través da mesma páxina.

                                          

Bart non é novo no noso país; leva mais de dez anos xirado sempre en formato acústico presentando os seus primeiros discos: dende o Bart Danveport (Paris Caramel, 02) pasando por Game Preserve (Mushroom Pillow, 04), Maroon Cocoon (Antenna Farm/Mushroom Pillow, 05) e Palaces (Antenna Farm, 08) e Searching For Bart Davenport (Tapete Records, 11) e tamén formando parte de bandas moi cool como Loved Ones, Kinetics, The Phenomenal Handclap Bande Incarnations. Tamén xirou por toda Europa abrindo os espectáculos dos Kings Of Convenience. É autor coa súa banda alternativa Honeycut da canción "Exodus Honey" que pon banda sonora á campaña publicitaria de Apple MacOs Leopard.

Nesta ocasión, na xira de presentación de "Physical World," virá dende Los Angeles acompañado dunha banda de luxo formada por Wayne Faler (Dream Boys) á guitarra, Jessica Espeleta ao baixo e Andrés Rentería á batería.

 

                                 
                                                                               

Could be of your interest...