Evento terminado

Entradas para Abono | Ciclo As Matinés do Principal

Abono | Ciclo As Matinés do Principal

Información adicional

Abono | Ciclo As Matinés do Principal

  • Del 07 abr al 06 oct
  • Teatro Principal de Pontevedra, Pontevedra mostrar mapa
Información del evento

Abono | Ciclo As Matinés do Principal

En 2018, As Matinés do Principal regresan por segundo ano consecutivo para gozar da música ao vivo en familia ou entre amigos en horario matutino. Velaquí un ciclo para todos os públicos que fuxe dos tópicos do formato habitual das programacións matinais, concibidas para un público fundamentalmente infantil. Sen embargo, As Matinés do Principal buscan unha audiencia moito máis ampla e fomentan novos horarios de consumo cultural. Os tres directos programados comezarán ás 12.30h do mediodía e se celebrarán en fin de semana, nun horario asequible tanto para grupos familiares como para o público cada vez máis numeroso que reclama unha oferta de ocio diurno con personalidade e de calidade. 

Seguindo a estela marcada na súa primeira edición, a variedade das achegas musicais das Matinés do Principal brinda a oportunidade de escoitar e ver no noso teatro a artistas, músicos e grupos internacionais, nacionais e galegos de contrastada reputación, valía artística e orixinalidade, tales como Guadi Galego, La Habitación Roja e The Posies. 

Agardamos contar coa vosa complicidade e compañía neste nova edición das Matinés do Principal. Un ciclo de concertos que, de novo, busca integrarse na vida da nosa cidade e ofertar renovados hábitos de consumo cultural e de ocio. Achegádevos a descubrir un novo xeito de vivir a música ao vivo e o lecer en Pontevedra. 

Abono 3 conciertos | Ciclo Matinés do Principal: 36€  + gastos de xestión (ata fin de existencias) | Menores de 14 anos: 50% de desconto  

Esta entrada da acceso a los 3 conciertos que componen el Ciclo As Matinés do Principal

IMPORTANTE: Se deberá presentar esta entrada en cada uno de los 3 conciertos que componen el Abono.

  • GUADI GALEGO: Sábado 7 abril de 2018
  • 15€ (anticipada)  + gastos de xestión  / 17€ (billeteira)
  • LA HABITACIÓN ROJA , Sábado 5 maio de 2018 
  • 15€ (anticipada)  + gastos de xestión  / 17€ (billeteira) 
  • THE POSIES , Sábado 6 de outubro de 2018
  • 12€ (anticipada) + gastos de xestión   / 14€ (billeteira) 

  

También podría interesarte...