Entradas para A Rapa Das Bestas de Sabucedo 2018

A Rapa Das Bestas de Sabucedo 2018

Información adicional

A Rapa Das Bestas de Sabucedo 2018

  • Del 07 jul al 09 jul
  • Desde 5,00 €
  • Curro de Sabucedo (A Estrada), A Estrada mostrar mapa
Información del evento

A Rapa Das Bestas de Sabucedo 

Festa declarada de Interese Turístico Internacional

A Rapa Das Bestas celébrarase no Curro de Sabucedo (A Estrada), os próximos 7, 8 e 9 de Xullo de 2018.

RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO   Festa declarada de Interesse Turístico Internacional

A Rapa das Bestas de Sabucedo é unha tradición que se remonta ao século XVI, hoxe declarada de Inerese Turístico Internacional. Celébrase cada ano comezando o 1º venres do mes de xullo. Con milleiros de visitantes, é a día de hoxe, unha das  celebracións máis importantes e sobranceiras de toda Galicia, convertíndose xa nun auténtico icono. A  celebración posúe unha grande tradición cultural, etnográfica, paisaxística e popular. Comeza coa baixa das bestas o venres (este ano día 6 de xullo). Dende moi cedo os participantes (visitantes incluidos) parten aos montes para reunir as distintas mandas e baixalas logo ao pobo. Os eventos centrais da celebración son os curros do sábado día 7 de xullo ás 19:00 horas e do domingo e luns  8 e 9 de xullo ás 12:00 horas. Celébranse  nunha construcción de pedra semicircular  chamado “Curro” no lugar de Sabucedo (A Estrada-Pontevedra), onde, usando técnicas ancestrais que non inclúen ningún tipo de artiluxio, lévase a cabo unha loita corpo a corpo (home-besta) que conclúe coa a inmobilización do animal e o rapado das súas crins sen que este sufra ningún tipo de dano. Finalmente, as eguas salvaxes que foran traidas a Sabucedo na xornada do venres día 6, serán postas en liberdade o luns día 10 de xullo para que regresen á súa vida en liberdade nos montes da comarca. Tamén concertos e unha ampla axenda de actos culturais teñen lugar durante toda a fin de semana e para todos os públicos, dende nenos ate os máis maiores. 

Máis información en www.rapadasbestas.gal

 

Horarios:

  • Sábado: Apertura taquillas 17:30h | Apertura portas 18:00 h | Comezo curro 19:00h
  • Domingo: Apertura taquillas 10:30 h | Apertura portas 11:00h | Comezo curro 12:00h
  • Luns: Apertura taquillas 11:00h | Apertura portas 11:00h | Comezo curro 12:00h

Importante: os asentos non están numerados.

Entradas para A Rapa Das Bestas de Sabucedo, Xullo de 2018

As entradas para A Rapa Das Bestas no Curro de Sabucedo teñen un custo dende 5 euros + gastos de xestión.

¡Non quedes sen entradas!

Mais informaciónwww.rapadasbestas.gal

 

 

 

También podría interesarte...