Event finished

Tickets for Presentación Pública do "Kit de Activación Dixital"

Presentación Pública do "Kit de Activación Dixital"

Additional info

Presentación Pública do "Kit de Activación Dixital"

Event information

As ferramentas dixitais están ao alcance de todos. Podemos editar ou difundir contidos simplemente cun teléfono e acceder aos contidos que outras persoas elaboraron desde dispositivos variados e accesibles. Neste contexto, xorden iniciativas que empregan a creación audiovisual e a comunicación dixital como ferramentas para a transmisión de coñecementos, ideas e valores. Estas iniciativas adoitan chegar dun xeito moi efectivo ao colectivo da xente moza, pero resultan tamén moi útiles en proxectos de carácter interxeracional e nos eidos educativo e sociocultural.

Todo semellan ser vantaxes, pero o certo é que moitos profesionais e activistas ven complexo desenvolver iniciativas con estas ferramentas. A razón é que cren que será moi difícil, que carecen dos coñecementos necesarios ou que non terán a capacidade económica de levar a cabo o proxecto.

O KIT DE ACTIVACIÓN DIXITAL nace coa vontade de achegarlle a todas esas persoas (docentes, traballador@s de bibliotecas, centros culturais, servizos sociais, activistas,...) as ferramentas necesarias para gañar coñecementos, superar as eivas e aprender a desenvolver ese proxecto educativo, divulgativo, cultural ou social que sempre quixeron facer. Co exemplo de varios proxectos referentes e unha metodoloxía para aplicar.

O KIT, de Coruña Dixital, será accesible para o público o próximo sábado 3 de febreiro, tras un acto no que se fará un percorrido didáctico pola web e no que os asistentes coñecerán de primeira man as experiencias que recolle a plataforma, coa posibilidade de participar nunha conversa aberta para resolver dúbidas e aprender máis.

Toda a información actualizada deste encontro aberto e dos proxectos que se presentarán durante a mañá en corunadixital.gal/axenda/

 

Could be of your interest...