Entradas para Docs del mes - Last days in Shibati (Ágora)

Docs del mes - Last days in Shibati (Ágora)

Información adicional

Docs del mes - Last days in Shibati (Ágora)

Información del evento

Entradas para “Docs del mes – Last days in Shibati” en A Coruña

Data: 4 de decembro de 2018

Horario:  20.00 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezada a proxeción non se permitirá o aceso á sala).

Lugar: Ágora (A Coruña)

Entradas: 2,50 € (Carne xove, +65 anos, persoas desempregadas, 2,00 €) 

(Todos os que acedan ao recinto no que terá lugar a proxeción deben facelo con entrada)

(Os beneficiarios dos descontos deben amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do aceso ao recinto)

O neno Zhou Hong e o señor Xue Lian deben marchar da última barriada histórica que queda na gran cidade de Chongqing, porque será destruída para construír un novo barrio. Obrigados a abandonar o que foi o seu fogar ata entón, as estreitas rúas do barrio de Shibati fan de testemuñas da China máis tradicional e histórica que está a piques de desaparecer.

A destrución das antigas barriadas en China son un reflexo das políticas urbanísticas, sociais e culturais dun país onde o vello, tradicional e histórico debe dar paso ao novo, contemporáneo e sen alma. Unha reflexión sobre a cambiante China contemporánea que, aos poucos, vai deixando perder a súa historia e o seu legado.

Director: Hendrick Dusollier

Francia (2017)

58 min

VO en chinés subtitulado en castelán 

Proxeción en dvd

 

 

 

 

 

También podría interesarte...