Entradas para Docs del mes - Of fathers and sons (Ágora)

Docs del mes - Of fathers and sons (Ágora)

Información adicional

Docs del mes - Of fathers and sons (Ágora)

Información del evento

Entradas para “Docs del mes – Of fathers and sons” en A Coruña

Data: 8 de novembro de 2018

Horario:  20.00 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezada a proxeción non se permitirá o aceso á sala).

Lugar: Ágora (A Coruña)

Entradas: 2,50 € (Carne xove, +65 anos, persoas desempregadas, 2,00 €) 

(Todos os que acedan ao recinto no que terá lugar a proxeción deben facelo con entrada)

(Os beneficiarios dos descontos deben amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do aceso ao recinto)

O director de Return to Home volve á súa terra para vivir dous anos coa familia de Abu Osama, membro de Al-Qaeda en Síria.

Alí será testemuño de como os seus fillos son adestrados, desde moi pequenos, para converterse en soldados da Jihad. Descubrimos desde dentro que significa crecer cun pai jihadista.

Os seus dous fillos, Osama e Ayman, adoran e admiran o seu pai e obedecen as súas palabras, pero mentres Osama parece seguir o camiño da Jihad, Ayman quere volver á escola... Despois de gañar o Premio do Gran Xurado do World Cinema en Sundance, Talal Derki sedúcenos cunha historia que, a través do día a día de dous nenos, permítenos comprender a complexidade e a traxedia do conflito que vive Siria actualmente.

Director: Talal Derki

Alemaña, Siria, Líbano, Catar (2017)

98 min

VO en árabe subtitulada en castelán 

Proxeción en dvd

 

 

 

 

También podría interesarte...