Entradas para Docs del mes - Over the limit (Ágora)

Docs del mes - Over the limit (Ágora)

Información adicional

Docs del mes - Over the limit (Ágora)

Información del evento

Entradas para “Docs del mes – Over the limit” en A Coruña

Data: 4 de setembro de 2018

Horario:  20.00 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezada a proxeción non se permitirá o aceso á sala).

Lugar: Ágora (A Coruña)

Entradas: 2,50 € (Carne xove, +65 anos, persoas desempregadas, 2,00 €) 

(Todos os que acedan ao recinto no que terá lugar a proxeción deben facelo con entrada)

(Os beneficiarios dos descontos deben amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do aceso ao recinto)

Cal é o prezo do éxito?

Margarita Mamun é unha atleta de ximnasia rítmica rusa que loita por converterse en campioa olímpica cando está a piques de retirarse. Esta será a súa última oportunidade para facer realidade o seu gran soño. O retrato dunha nova atleta que loita por conseguir as súas propias ambicións mentres ten que cumprir coas expectativas do esixente sistema oficial de adestramento ruso.

A través dos adestramentos da protagonista, vemos as duras relacións que se establecen entre adestradores e atletas para chegar ao éxito e a presión física e mental á que se ven sometidas as atletas de elite.

Directora Marta Prus

Polonia, Alemaña, Finlandia (2017)

74 min

VO en ruso subtitulada castelán Esp

Proyección en dvd

 

PREMIOS E FESTIVAIS

•One World Prague, República Checa, 2017

•Premio Best Young Director en ZagrebDox, Croacia, 2017

•IDFA, Países Baixos, 2017

•Ambulante, México, 2017

•Visions du Reel, Suíza, 2017

•Mención de honra en CineDoc Tbilisi, Xeorxia, 2018

 

 

 

También podría interesarte...