Evento terminado

Entradas para Versogramas

Versogramas

Información adicional

Versogramas

Información del evento

DESCUBRE A VIDEOPOESÍA

O primeiro pase público de VERSOGRAMAS en Galicia, terá lugar o xoves

26 de abril ás 20:30h na Fundación Luís Seoane (A Coruña). 

Será unha proxección con entrada gratuíta (previa reserva nesta plataforma) acompañada de coloquio e cóctel posteriores.

Asistirá ao pase a directora Belén Montero, o codirector Juan Lesta e a produtora executiva Celia Parra. Ao finalizar a proxección, o público asistente poderá degustar un cóctel cortesía de Nordesía e Viña Moraima, patrocinadores do documental.

Versogramas, creado desde Galicia, está considerado o primeiro documental do mundo en abordar o panorama internacional da videopoesía. 

Un documental con música de Isaac Garabatos, producido por Esferobite (A Coruña) e con produción executiva de Celia Parra. 

Trailer: https://vimeo.com/252865348

Máis información na nosa web: www.versogramas.com

Facebook

Twitter : @versogramas

 

Apertura de portas: 20:00h.

Prégase puntualidade. Unha vez comezada a proxección, ás 20:30 h., non se poderá acceder ao recinto.

------------------------------------------------------

 

FICHA TÉCNICA:


TÍTULO ORIXINAL: VERSOGRAMAS
PRODUTORA: Esferobite S.C.
CO-PRODUTORA: TVG (versión para TV)
IDEA ORIXINAL E PRODUCIÓN EXECUTIVA: Celia Parra
PRODUTORES: Juan Lesta e Belén Montero
DIRECTORA: Belén Montero
CO-DIRECTOR: Juan Lesta
DIRECTOR DE FOTOGRAFÍA: Ricky Morgade
GUIÓN: Belén Montero
MÚSICA ORIXINAL: Isaac Garabatos
XEFA DE PRODUCIÓN: María Liaño
DIRECCIÓN DE ARTE: Alex Belmonte
XEFE DE SON: Carlos Mouriño
POSPRODUCIÓN DE SON: Son do Tagalem
MONTAXE: Belén Montero
POSPRODUCIÓN DE IMAXE: Juan Lesta
XÉNERO: Documental de creación
TRATAMENTO: Experimental

DURACIÓN: 74‘
IDIOMA: Galego

Ano: 2017

 

SINOPSE:

Versogramas é unha viaxe emocional cara ó descubrimento dun novo fenómeno artístico de crecente popularidade. Poetas e cineastas cóntannos como ven a vida a través deste xénero e axudan a contestar a pregunta: Que é iso da videopoesía?

O documental Versogramas forma parte do proxecto transmedia homónimo.

-------------------------

COA COLABORACIÓN DE:
Concello Coruña
IMCE
Fundación Luis Seoane
Paideia
Estudios Mans
Cidade da Cultura

CO PATROCINIO DE:
Nordesía
Moraima

CO APOIO DE:
Galaxia
Fundación Uxío Novoneyra
MAC, Museo de Arte Contemporáneo de la Fundación Gas Natural Fenosa
Fundación SGAE

COA AXUDA DE:
AGADIC

COA COPRODUCIÓN DE:
TVG

COA PRODUCIÓN ASOCIADA DE:
Amanita
Pixel
Celia Parra

También podría interesarte...