Tickets for Emportats | Auditorio Municipal | Vigocultura

Emportats | Auditorio Municipal | Vigocultura

Additional info

Emportats | Auditorio Municipal | Vigocultura

  • 17 nov 2019
  • 18:00h (CEST) Europe/Madrid
  • From €5.00
  • Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Vigo show map
Event information

EMPORTATS en Vigo

DOMINGO 17 DE NOVEMBRO 18:00 HORAS

Emportat combina acrobacia, malabar, música e traballo con obxectos (portas).

A través do xogo co visible e o non visible, facendo uso de linguaxes como a musical, humorística, a poética, xorden imaxes e ideas orixinais cuxa estética somerxe o público espectador nunha atractiva viaxe para os sentidos.

Un espectáculo onde a coordinación, a precisión e a enerxía superan os límites establecidos e no que a indiferencia non está entre as posibilidades.

Emportats é o resultado dun arduo traballo onde o importante é o proceso, no que os seus protagonistas despréndense de todo para ensinarnos o que levan dentro.

 

 

Compañía: La Trócola Circo

Espectáculo: EMPORTATS

Xénero: novo circo

Autoría: La Trócola Circ

Dirección: Lucas Escobedo

Escenografía: San Martín Bro

Deseño de son: Richard Cano

Deseño de iluminación: Manolo Ramírez

Vestiario: Andrea Pérez

Música: Jose Monreal

Coreografía: Mayte Moreno

Elenco artístico: Andrea Pérez, Guillem Fluixa, Aritz Sardina, Jose Moreal e Jon Sádaba

Idade recomendada: + 5 anos

Duración: 60 minutos

Prezo: 5 €

 

 

Na parte central do plano de butacas existen 4 espazos para cadeiras de rodas, un á dereita, un á esquerda e dous centrais. Tamén existen 4 butacas para os acompañantes das persoas que van en cadeira de rodas ao seu carón na mesma parte central do plano.

Entradas para eMPORTATS en Vigo no Auditorio Municipal de Vigo o 17 de novembro

As entradas teñen un prezo de 5€ 

Non quedes sen elas!!

 

Could be of your interest...