Evento terminado

Entradas para Absolución Cao - Kaos Urbano+Os Tres Pés+Impacto de Varsovia

Absolución Cao - Kaos Urbano+Os Tres Pés+Impacto de Varsovia

Información adicional

Absolución Cao - Kaos Urbano+Os Tres Pés+Impacto de Varsovia

Información del evento

O mozo Emilio Cao enfróntase a un xuízo que pode fenderlle a vida. A Fiscalía pídelle 5 anos e 8 meses de cadea por ter participado en 2014 na multitudinaria manifestación das Marchas da Dignidade, reivindicando pan, traballo e teito.Queren condenalo por ser parte dunha loita pola dignidade e a igualdade. Como mostra de apoio, diferentes grupos voltarán a arroupar a Emilio Cao nestos momentos tan duros. O vindeiro día 2 de xuño, na Sala Malatesta, voltaremos a realizar un concerto solidario para axudar e mostrar o noso apoio a Emilio.

Kaos Urbano (Madrid) son un grupo de punk e Oi! que comezou a loitar culturalmente na década dos noventa. O seu último traballo de estudo é Más vivos que muertos, un EP onde toda a súa enerxía e mensaxe anti-fascista se ve reflexada.

Os Tres Pés (Galicia) son O Leo, Roberto Sobrado e Xosé Constela, tres dos artistas máis queridos polo público galego. Defínense coma os tres pés necesarios para construir un proxecto autosuficiente e libertario.

Impacto de Varsovia (Galicia) son un novo grupo de hardcore punk que teñen moito que ensinarnos. Este ano comezarán a lanzar as súas primeiras creacións de estudo.

Puntos de venda física: Avante, Raíces Galegas, Calderería 33.

También podría interesarte...