Evento terminado

Entradas para Albert Cirera, Cirerot | IMAXINA Sons'17

Albert Cirera, Cirerot | IMAXINA Sons'17

Información adicional

Albert Cirera, Cirerot | IMAXINA Sons'17

  • 03 jul 2017
  • Salón de Actos do MARCO Museo de Arte Contemporánea, Vigo mostrar mapa
Información del evento

Albert Cirera, Cirerot en Vigo

Luns 3 xullo, 20:30, Salón de Actos do MARCO

Cirerot é o proxecto a saxo solo de Albert Cirera. Despois dalgúns concertos esporádicos nos últimos anos en este formato, Cirera lánzase definitivamente á aventura en solitario, un camiño sen fin, abrupto e salvaxe. Equipado cos materiais, sons e recursos que foi adquirindo ao longo destes anos en diferentes contextos e situacións, o músico de Igualada proponse a procura da súa propia esencia; a súa propia voz, sendo consciente de que parte da equipaxe que leva, prestada ou atopada, quedará no camiño, transformarase ou simplemente envellecerá, deixando ao descuberto a alma do músico.

Anos de formación académica entre a música clásica e el jazz, seguido de anos de des-aprendizaxe e experimentación individual e colectiva, fan de Cirera un dos músicos máis versátiles e activos da península Ibérica.

Tocou e segue a facelo con músicos como Joe Morris, David Mengual, Joe Smith, Agustí Fernandez, Johannes Nästesjö, Massa Kamaguchi, Carlos Zingaro, Ulrich Mitzlaf, Dani Perez, Jaume Llombart, RJ Miller, David Soler, Celeste Alias, Alessandra Patrucco, Marc Egea, Tom Chant, Pablo Rega, Vasco Trilla, Olle Vikstrom, Julian Sánchez, Sonia Sanchez, etc. Desde 2011 liderou o seu propio cuarteto Albert Cirera & Tres Tambors, formando parte tamén de proxectos como Duot, Agustí Fernandez Liquid Trio/Quintet, Free Art Ensemble, LandSpace, Javier Galiana & the Spice Berberechos, Wooookam, Triot, IED’8, Nelson Projecte, Asociacion Libre Orquestra, Esther Condal, El Petit de Cal Eril, etc.

Albert Cirera, saxofón

Entradas para Albert Cirera, Cirerot en Salón de Actos do MARCO de Vigo o 3 xullo

As entradas teñen un prezo de 3 €.

Non quedes sen elas!!

 

También podría interesarte...