Evento terminado

Entradas para Alexander Von Schlippenbach: Monk's Casino | IMAXINA Sons'17

Alexander Von Schlippenbach: Monk's Casino | IMAXINA Sons'17

Información adicional

Alexander Von Schlippenbach: Monk's Casino | IMAXINA Sons'17

  • 08 jul 2017
  • Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Vigo mostrar mapa
Información del evento

Alexander Von Schlippenbach: Monk's Casino en Vigo

Sábado 8 xullo, 21:00, Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Foron necesarios uns dez anos de investigación sobre todas as súas escalas e gravacións para traer todas as cancións de Monk á vida con este "tour de force". O disco Monk´s Casino (Intakt Records, 2005) foi unha grande sorpresa para a audiencia e os medios de comunicación, con todas as composicións de Monk incluídas, setenta reunidas en tres discos; a teima dun dos directores de orquestra de jazz libre máis importantes de Europa, o pianista Alexander von Schlippenbach, quen mestura na súa música elementos clásicos, libres e contemporáneos e que cos seus solos roza con frecuencia o vínculo entre os dous nas súas composicións. O traballo do músico berlinés contribuíu decisivamente para o enriquecemento da linguaxe do piano na realidade post-Thelonious Monk .

Monk´s Casino é unha mostra de amor e irreverencia cara o traballo de Thelonius Monk, que a este seguramente lle tería agradado moito. Ou polo menos así pensou a crítica na saída do disco hai máis de dez anos. Schlippenbach atopou no cuarteto Die Enttäushung un cómplice fundamental para abordar a obra de Monk, tan referente e revisitada. Monk´s Casino en Imaxina Sons co mesmo concepto que cando foi estreado, un espectáculo de jazz cunha volta absoluta ás súas raíces sen amplificación nin sistemas de son complicados. Só a música e a banda, iso é todo.

Schlippenbach (Berlín, 1938) comezou a tomar clases con só oito anos, realizou os seus estudos na Academia Estatal de Música de Colonia cos compositores Bernd Alois Zimmermann e Rudolf Petzold. Tocou con Gunther Hampel en 1963, e co quinteto de Manfred Schoof de 1964 a 1967. Schlippenbach comezou a dirixir varias bandas despois de 1967, entre eles un trío con Evan Parker e Paul Lovens e un dúo con Sven-Ake Johansson. En 1966 escribe a composición  "Globe Unity" e para estreala forma unha big band con músicos de diferentes países europeos, todos eles relacionados co free jazz.  A Globe Unity Orchestra converteuse nunha das iconas do free jazz en Europa. Por ela pasaron músicos como Kenny Wheeler, Enrico Rava, Albert Mangelsdorff, Steve Lacy e moitos máis.

A finais dos oitenta formou a Orquestra de Jazz Contemporáneo de Berlín, de onde saíron unha serie de distinguidos músicos europeos de vangardia do jazz como Evan Parker, Paul Lovens, Kenny Wheeler, Misha Mengelberg e Aki Takase. En 1999 comezou a gravación das obras completas de Thelonius Monks (todas as composicións) con Rudi Mahall e o seu grupo Die Enttäuschung. Posúe varios premios: Premio de Arte da cidade de Berlín", Premio Albert Mangelsdorff, Premio SWR Jazz 2007,  etc.

  • Alexander v. Schlippenbach, piano
  • Axel Dörner , trompeta
  • Rudi Mahall, clarinete baixo
  • Jan Roder , contrabaixo
  • Oli Steidle, batería

Entradas para Alexander Von Schlippenbach: Monk's Casino en Auditorio Municipal de Vigo o 8 xullo

As entradas teñen un prezo de 5 €.

Non quedes sen elas!!

 

También podría interesarte...