Evento terminado

Entradas para Alfonso Calvo Septet (Convidado especial:Ton Risco)| IMAXINA

Alfonso Calvo Septet (Convidado especial:Ton Risco)| IMAXINA

Información adicional

Alfonso Calvo Septet (Convidado especial:Ton Risco)| IMAXINA

  • 06 jul 2017
  • Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Vigo mostrar mapa
Información del evento

Alfonso Calvo Septet Trío en Vigo

Xoves 6 xullo, 21:00, Auditorio Municipal do Concello de Vigo

“Sea ahead” (FreeCode JazzRecords 2016) é o segundo traballo como líder do contrabaixista compostelán Alfonso Calvo, nesta ocasión en formato de septeto. As composicións exploran as enormes posibilidades arranxísticas dun ensemble de formato medio coma este, con referencias evidentes ao hard bop e ao jazz modal, sen perder o enfoque persoal. O septeto participou no Festival de Jazz de Rianxo, BurgoJazz e Festival de Jazz de Lugo. En 2017 está xa confirmada a súa presenza nas Noites de Jazz do concello de Cambre e no Festival de Jazz de Betanzos. Actualmente preparan a gravación do seu seguinte traballo discográfico que verá a luz en 2018. Integran o septeto algúns dos músicos máis relevantes do panorama jazzístico galego: os saxofonistas Pablo Castaño e Xosé Miguélez, o trompetista Rubén Salvador, o trombonista Luis Miranda, o pianista Manuel Gutiérrez e o batería Xabier Barral. No concerto do 13º Imaxina Sons, con Ton Risco, vibráfono, como convidado especial.

Sea Ahead destaca por méritos propios, é cerebral, ofrece refinadas improvisations, e ten o sentido esencial do swing necesario. (...) The Alfonso Calvo Septet é unha extensión de Calvo, un músico instrospectivo, cun obxectivo. Natural de Santiago de Compostela, está ben preparado, cunha ampla formación e asimilou a complexidade da composición no jazz, mentres vai construíndo de maneira firme unha reputación como contrabaixista de primeira”. (James Nadal, All About Jazz).

  • Pablo Castaño, saxos alto, soprano
  • Xosé Miguélez, saxo tenor, frauta
  • Rubén Salvador, trompeta, fliscorno
  • Luis Miranda, trombón
  • Manuel Gutiérrez, piano
  • Alfonso Calvo, contrabaixo
  • Xabier Barral, batería
  • Convidado especial: Ton Risco, vibráfono

Entradas para Marc Ducret Trio en Auditorio Municipal de Vigo o 6 xullo

As entradas teñen un prezo de 5 €.

Non quedes sen elas!!

 

También podría interesarte...