Entradas para BUDIÑO presenta "Fulgor" / Sala Capitol (Santiago)

BUDIÑO presenta "Fulgor" / Sala Capitol (Santiago)

Información adicional

BUDIÑO presenta "Fulgor" / Sala Capitol (Santiago)

  • 15 mar 2019
  • 21:00h (CET) Europe/Madrid
  • Desde 14,00 €
  • Sala Capitol, Santiago de Compostela mostrar mapa
Información del evento

Despois de 6 anos de silencio, Budiño publicará o 25 de xaneiro de 2019 FULGOR, un novo álbum con 10 cancións orixinais, compostas, producidas e cantadas por el mesmo. 

Un universo ultra moderno cun pé na raíz e outro no abismo. 

O abismo da creatividade, cheo de arraigo e de fame de risco. 

Pisar terra e querer tocar ceo.

FULGOR ven armado de grandes letras.

Letras de poetas (Antía Otero).

Letras de songwriters (Xoel López e Vega).

Letras do propio Budiño que foi quen de dotalas de novo do seu universo.

Budiño soubo rodearse neste FULGOR de tres grandes guitarristas, como o galego Antonio Casado, o son transfronterizo de Jairo Zavala ou o sotaque luso africano de Luiz Caracol. E máis que destacable é a participación do Cuarteto Quiroga, recentes gañadores do Premio Nacional de Música, enchendo de maxia "Santiago" e "Bos Amores”. 

Budiño agasállanos cun disco máis plural, máis sen xénero, máis de aquí e de alá, máis aberto e máis de todas, en resume, máis Budiño que nunca.

Chegou FULGOR, porque todo brilla, todo resplandece, porque Fulgor é de todos os que deciden seguir brillando.

Un FULGOR para unha nova etapa que xa non soa a silencio.

www.budiño.com

 

También podría interesarte...