Entradas para Carlos Bica & Trio Azul (Feat. Frank Möbus e Jim Black)

Carlos Bica & Trio Azul (Feat. Frank Möbus e Jim Black)

Información adicional

Carlos Bica & Trio Azul (Feat. Frank Möbus e Jim Black)

  • 07 jul 2017
  • 21:00h (CEST) Europe/Madrid
  • desde 5,00 €
  • Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Vigo mostrar mapa
Precio mínimo garantizado
Información del evento

Carlos Bica & Trio Azul Feat. Frank Möbus e Jim Black en Vigo

Venres 7 xullo, 21:00, Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Vinte anos pasaron desde a edición de “Azul”, o primeiro disco do trío de Carlos Bica con Frank Möbus e Jim Black, e o trío está de regreso, en disco e no escenario. Coa solidez do proxecto que o tempo transcorrido constatou, pero tamén coa frescura que caracteriza aos tres músicos, queren ir máis lonxe. Sen repetirse e sen contentarse co que xa fixeron – e foi, como se pode imaxinar, moito. Cos Azul retornados de 2016 recoñecemos a identidade da escrita de Bica e do son construído por estes tres mestres do jazz do século vinte e un, pero descubrimos algo máis, entre o que estaba xa anunciado nos discos anteriores e o que non agardabamos de todo.

Un exemplo do primeiro caso é “Silver Dagger”, arranxo dunha vella canción folk norteamericana na que se carga na vertente blues, con “A Lã e a Neve” representando o segundo exemplo da mellor maneira, irrompendo con rock, que a alianza composicional do contrabaixista con João Paulo Esteves da Silva non facía supor. En relación ao restante repertorio, son moitas as vías percorridas, unhas na liña meditativa e lírica que tanto define o “estilo” de Carlos Bica (“Na Rama do Alecrim”, tema do cante alentexano), outras cun toque xovial e alegre, como “Skeleton Dance”, e outras  que aparecen como frescos de inaudita complexidade, empezando pola contaxiosa “X.Y.U.”.

Sorprenderse con estes músicos é un bo motivo de celebración. Vinte anos depois, aí están os Azul de Carlos Bica, mellores que nunca.

  • Carlos Bica, contrabaixo
  • Franck Möbus, guitarra eléctrica
  • Jim Black, batería

Entradas para Carlos Bica & Trio Azul en Auditorio Municipal de Vigo o 7 xullo

As entradas teñen un prezo de 5 €.

Non quedes sen elas!!

 

También podría interesarte...

Precio mínimo garantizado
Precio mínimo garantizado