Tickets for Carlos Nuñez en concerto (Teatro Rosalía Castro)

Carlos Nuñez en concerto (Teatro Rosalía Castro)

Additional info

Carlos Nuñez en concerto (Teatro Rosalía Castro)

Event information

Entradas para o concerto de CARLOS NÚÑEZ en A Coruña

Data: 27 de decembro de 2019

Horario: 20.30  h (Pídese puntualidade. Unha vez comenzado o concerto non se permite o acceso á sala)

Lugar: Teatro Rosalía Castro (A Coruña)

Entradas: 13,00 / 19,00 / 23,00 / 27,00 €)(carne novo, +65 anos, persoas desempregadas, -20 %) 

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

(Se vostede merca entradas con desconto nos despachos de billetes debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada de do acceso ao teatro)

(Se vostede merca entradas con desconto a través de tfno. ou web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)

Convertido en todo un referente internacional da música celta, reivindica desde hai máis de dúas décadas a importancia da nosa música popular. 

Carlos Núñez aposta pola música celta como banda sonora da historia do noso pais, con concertos que van máis aló dos circuítos e xéneros  standard. Vemos ó noso redor como se lle deu as costas ao patrimonio rural, que actualmente está a recobrar o seu valor. Como se está a demostrar,  boa parte desta tradición, que inclúe unha riqueza musical digna de ser coñecida e gozada, é unha herdanza milenaria. 

A visión de Carlos das músicas celtas como amables e inclusivas pero tamén históricas, profundas e merecedoras de respecto, poñerase de relevo coa interpretación dalgunhas das composicións celtas de Beethoven, a poucos meses  de que se cumpra o seu 250 centenario. 

Este ano, o mago das gaitas e as frautas traeranos sorpresas, colaboracións con músicos e faranos viaxar pola esencia da música celta a través de países como Irlanda, Escocia ou Bretaña pero tambien polo mundo hispánico que forma parte do mundo celta. 

Carlos Núñez está considerado como un músico extraordinario, dos mais serios e brillantes do mundo, pero tamén é un Artista con maiúsculas: o seu carisma, a súa enerxía, o seu espírito pioneiro fixérono moi popular, traspasando con fartura os límites habituais dos seus instrumentos. 

A xa tradicional xira de nadal do gaiteiro percorrerá os principais Teatros e Auditorios do país. 

Son moitos os premios e nomeamentos que o avalan: Un  Grammy polo disco gravado  cos seus mestres  The Chieftains; dous nomeamentos aos  Grammys Latinos; Premio Ondas ao mellor directo e o Premio da Crítica Alemá,  Preis  der  Deutschen  Schallplattenkritik. Nos seus discos participaron Luz Casal,  The  Waterboys, Jackson Browne,  Ry  Cooder e Roger  Hodgson de  Supertramp e compartiu escenario con  primerísimas figuras tales como Bob Dylan,  Sinéad Ou’Connor e  The  Who. 

 

 

 

Could be of your interest...