Evento terminado

Entradas para Carlos Núñez (Teatro Colón)

Carlos Núñez (Teatro Colón)

Información adicional

Carlos Núñez (Teatro Colón)

Información del evento

Entradas para o concerto de Carlos Núñez en A Coruña 

Data: 22 de decembro de 2018

Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala)

Lugar: Teatro Colón (A Coruña)

Entradas: 19,00 / 23,00 / 25,00 € (1ª fila de principal, visibilidade reducida, 17,00 €) (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%) (familias numerosas, -25% (só no despacho de billetes))

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

(Os compradores de entradas con desconto, deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao recinto no que terá lugar o espectáculo)

Carlos regresa a casa este ano nunha xira única dende mediados de novembro ata principios de abril pasando polos principais escenarios do país.

Esta xira vai estar baseada no primeiro libro escrito por Carlos, "La Hermandad de los Celtas", que se presenta o 25 de setembro coas dúas primeiras edicións xa esgotadas só en preventas. Un libro no que nos conta a súa visión do celta como unha utopía milenaria que, dende hai séculos, creou un imaxinario universal que hoxe segue sendo unha inesgotable fonte de inspiración artística.

 O libro analiza a música celta dende múltiples perspectivas: histórica, musicolóxica, cultural, etc., e aborda aspectos moi diversos: a súa relación con outras músicas e estilos, as súas formas, os instrumentos característicos da súa interpretación, o seu ámbito territorial de expansión e influencia, etc.

 Ao tempo, narra numerosas experiencias persoais relacionadas coa súa actividade como intérprete da devandita materia e cos seus contactos con gran número de expertos no tema dende distintas disciplinas: músicos, historiadores, antropólogos, cronistas, etc.

Co espírito pedagóxico - pero sen perder un ápice do sentido do espectáculo -, o que nos ten acostumados, Carlos desgranará estos sorprendentes descubrimentos a través de novas músicas.

Carlos Núñez está considerado internacionalmente como un músico extraordinario, dos máis serios e brillantes do mundo…

 Pero ademais é un Artista con maiúsculas. O seu carisma, a súa enerxía, o seu espírito pioneiro fixérono moi popular, transcendendo con creces os límites habituais dos seus instrumentos: a gaita e as frautas.

Con máis de 1.000.000 de discos vendidos Carlos Núñez son moitos os premios e nominacións que o avalan: Un Grammy polo disco gravado cos seus mestres The Chieftains; dous nomeamentos os Grammys Latinos; Premio Ondas o mellor directo e o Premio da Crítica Alemana, Preis der Deutschen Schallplattenkritik. Nos seus discos participaron Luz Casal, The Waterboys, Jackson Browne, Ry Cooder e  Roger Hodgson de Supertramp e compartiu escenario con primerísimas figuras como Bob Dylan, Sinéad O’Connor e The Who.

 

También podría interesarte...