Event finished

Tickets for CONCERTO SON GALEGO, SON CUBANO en Vilagarcía de Arousa

CONCERTO SON GALEGO, SON CUBANO en Vilagarcía de Arousa

Additional info

CONCERTO SON GALEGO, SON CUBANO en Vilagarcía de Arousa

  • 09 mar 2019
  • Auditorio Municipal Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arosa show map
Event information

Roi Casal presenta, CONCERTO SON GALEGO, SON CUBANO  en Vilagarcía de Arousa

Non te perdas o CONCERTO SON GALEGO, SON CUBANO a partires do próximo sábado 9 DE MARZO de 2019 no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa ás 21:00 horas.

  • Entrada Adulto: 12 Euros + gastos de xestión
  • Entrada Infantil (de 3 aos 12 anos): 6 euros + gastos xestión
  • Nota: Os menores de 3 anos non pagan entrada. 

Son galego, son cubano é considerado o maior espectáculo musical entre Galicia e Cuba que conta dun modo moderno e actual a histórica relación que une a ambos países e a epopea dos galegos na illa caribeña.

En 2014 Roi Casal recibe o premio internacional Cubadisco. Este foi o punto de partida de Son galego, Son cubano, un ambicioso proxecto internacional que pon en valor os extensos lazos de unión entre Galicia e Cuba.

Durante dous anos, o artista traballou conxuntamente con D. Xosé Neira Vilas, un dos escritores galegos máis importantes de todos os tempos, na concepción e elaboración deste proxecto.

No disco, grabado na Habana en Marzo de 2016, participan destacados músicos cubanos como Pablo Milanés, Laritza Bacallao ou Miguel Núñez, e da parte galega, figuras como Nando Casal de Milladoiro ou Carlos Calviño.

En 2016 estrease o espectáculo no Gran Teatro da Habana con dous concertos antolóxicos os días 27 e 28 de maio con máis de 3.000 localidades esgotadas nas dúas. Dende entón continua xirando por escenarios de todo o mundo, chegando ata Brasil, Ginebra, Zürich,…

O directo mantén íntegramente a estructura artística da grabación, e está composta por un elenco de 12 músicos de primeiro nivel de ambos os dous países que realizaron máis de 60 concertos en diversos lugares do mundo e que foi visto por máis de 50.000 persoas.

 

 

Could be of your interest...