Event finished

Tickets for DAKIDARRÍA en Sala SUPER 8 Ferrol

DAKIDARRÍA en Sala SUPER 8 Ferrol

Additional info

DAKIDARRÍA en Sala SUPER 8 Ferrol

Event information
Tras máis de 15 anos de carreira a realidade mudou moito para Dakidarría. A banda, fundada en 2003 no Val Miñor, medrou dun modo progresivo durante a primeira década de vida, crecemento que se tornou en exponencial nos últimos anos sendo referencia nos cartaces de multitude de festivais e realizando xiras galegas, estatais e internacionais.
Desta volta presentan un formato reducido e íntimo que permite levar a mensaxe de Dakidarría ós mesmos locais de pequeno aforo que, no pasado, fixeron medrar á banda.
“Existen certos locais ou pequenos festivais que forman parte da nosa vida ós que sempre lle estaremos agradecidos e nos que hoxe en día resultaría imposible actuar por espazo,
aforo ou capacidades técnicas. Por iso imaxinamos esta fórmula na que, instrumento en man, humanizamos o repertorio e reinterpretamos as cancións dun modo moito mais próximo,
natural e taberneiro”
 
Outra forma de comprender un concerto de Dakidarría, cas cancións adaptadas para a situación e, sobre todo, cunha enorme naturalidade que converte un concerto acústico
nunha reunión amigable onde público e grupo están tan preto que poden tocarse, falarse e, sobre todo, cantar unha vez máis as cancións que marcaron a vida dunha banda que, dun xeito autoxestionado, conseguiu chegar ós corazóns de tanta xente.

Could be of your interest...