Evento terminado

Entradas para ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS CANTARES

ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS CANTARES

Información adicional

ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS CANTARES

Información del evento

Despois de dous anos da publicación do seu último traballo: Orden Invisible (Esmerarte 2014), Eladio y los Ser Queridos presentan Cantares, un disco que fai unha homenaxe ás cancións tradicionais Galegas que escoitaban os seus pais e eles mesmos de rapaces.

A relación da banda co cancioneiro tradicional galego ven de lonxe. O ano pasado presentaron unha versión de Agardarei (L.E. Batallán – C. E. Ferreiro) a modo de bonus track de Orden Invisible; foron elixidos por Estrella Galicia para interpretar o Himno Galego na presentación dos deseños conmemorativos do Día das Letras Galegas, e ao longo da tournee Orden Invisible foron incluindo temas tradicionais no repertorio, facendo guiños a outras de estas cancións dentro dos seus propios temas.

Finalmente a banda decidiu facer unha selección entre o extenso cancioneiro galego para ir grabando cancións pouco a pouco... e o resultado é este novo disco.

Así explican como xurdiu a idea deste traballo:

"Isto é algo que tiñamos que facer, una débeda coas cancións da nuestra infancia, un cariño para os nosos pais pero tamén para nosos fillos, para que non as esquezan. Tamén é un disco para que os non galegos descubran parte do noso cancioneiro. Sen prisas, presupostos nin obxectivos gravamos este traballo a lo longo de 2016. Ás veces coa gravadora portátil ou o que tiñamos a man, pero principalmente no noso estudio caseiro.

Foi un placer facelo así e pensamos que este gozo quedou rexistrado tamén."

También podría interesarte...