Evento terminado

Entradas para Estación de Jazz - Naima Acuña Proyect feat.Simon Moullier

Estación de Jazz - Naima Acuña Proyect feat.Simon Moullier

Información adicional

Estación de Jazz - Naima Acuña Proyect feat.Simon Moullier

Información del evento

Entradas para NAIMA ACUÑA PROYECT – FEAT SIMON MOULLIER en A Coruña

Data: 28 de febreiro de 2019

Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala)

Lugar: Teatro Colón (A Coruña)

Entradas: 12,00 € (Venda anticipada até o día anterior ao concerto ás 23.59 h – 10,00 €) (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, -20%) (Familia numerosa, -25% (só no despacho de billetes)) 

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

(Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento no que acceden ao teatro)

Naíma Acuña é unha xoven e xa consagrada baterista de Jazz e Música Moderna, avalada por músicos top deste xénero como o baterista Alex Acuña (Chick Corea, U2, Santana, Ella Fitzgerald…), ou o saxofonista Greg Osby. Ten participado en numerosos proxectos, festivais e gravacións importantes, tanto en Europa como nos Estados Unidos, acompañando a músicos tan recoñecidos como Greg Osby, Mark Turner, Matt Brewer, John Escreet, Ben Van Gelder, Marquis Hill ou Liberty Ellman. 

 A coruñesa volta ao Teatro Colón acompañada polo reputado contrabaixista Paco Charlín e coa sorpresa do vibrafonista francés afincado en Nova York Simon Moullier. Compositor, director de orquesta, productor, músico de xira activo que se ten presentado nos clubes e festivales de jazz máis respectados a nivel internacional... confirman a Moullier como unha das voces más destacadas da súa xeración. Actualmente forma parte das banda de Herbie Hancock e de Terry Line Carrington, ademais de ser unha das xoves promesas de Quincy Jones. 

Naima Acuña. Batería Paco Charlín. Contrabaixo 

Simon Moullier. Vibráfono 

 

 

También podría interesarte...