Event finished

Tickets for Estación de Jazz - Pablo Castaño Quartet feat. Ugia Pedreira

Estación de Jazz - Pablo Castaño Quartet feat. Ugia Pedreira

Additional info

Estación de Jazz - Pablo Castaño Quartet feat. Ugia Pedreira

Event information

Entradas para PABLO CASTAÑO QUARTET feat. UGÍA PEDREIRA en A Coruña

Presentación do disco A-la-láa

Data: 18 de abril de 2019

Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala)

Lugar: Teatro Colón (A Coruña)

Entradas: 12,00 € (Venda anticipada até o día anterior ao concerto ás 23.59 h – 10,00 €) (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, -20%) (Familia numerosa, -25% (só no despacho de billetes)) 

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

(Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao teatro)

A-la-láa explora desde a linguaxe do Jazz as melodías e modos do alalá, xénero fundamental da música patrimonial galega. Adapatacións, composicións propias e versións en formato de cuarteto coa colaboración vocal da grande Ugia Pedreira en dous temas. O cuarteto de Pablo Castaño, de tradición jazzística, está composto por saxofón, piano, contrabaixo e batería. Atópase influenciado sen dúbida polos cuartetos e pequenos ensembles esenciais da historia do jazz liderados por instrumentos de ventos, dende Lester Young, Charlie Parker, John Coltrane e un longo etc. O álbum bebe de fontes rigorosas como o Cancioneiro Musical de Galicia, de Casto Sampedro, ou o Cancioneiro Popular Galego da etnomusicóloga suíza Dorothé Schubart. 

 Pablo Castaño: Saxo / Yago Vázquez: piano / Max Gómez: batería 

 Ugia Pedreira: Voz 

Contrabaixo invitado: Demian Cabaud 

Could be of your interest...