Event finished

Tickets for Estación de Jazz - Sumrrá & Laura Iturralde (Teatro Colón)

Estación de Jazz - Sumrrá & Laura Iturralde (Teatro Colón)

Additional info

Estación de Jazz - Sumrrá & Laura Iturralde (Teatro Colón)

Event information

Entradas para SUMRRÁ & LAURA ITURRALDE en A Coruña

Presentación do disco 6 Mulleres

Data: 23 de maio de 2019

Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala)

Lugar: Teatro Colón (A Coruña)

Entradas: 12,00 € (Venda anticipada até o día anterior ao concerto ás 23.59 h – 10,00 €) (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, -20%) (Familia numerosa, -25% (só no despacho de billetes)) 

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

(Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada de do acceso ao teatro)

Sumrrá, con 19 anos de traxectoria, centos de concertos por todo o mundo nas súas costas e o sexto disco recén lanzado ao mercado, presentan unha nova forma de ver e escoitar este fermoso disco 6 Mulleres, acompañándose da videojockey Laura Iturralde. 

6 mulleres rinde tributo a seis mulleres poderosas, como son Frida Kahlo, Rosa Parks, Rosalía de Castro, Qiu Jin, Malala Yousafsai e Nawal Él-Saadawi. Conciben con Laura Iturralde un espectáculo único de videocreación, deseñado exclusivamente para estas músicas, onde a propia Laura Iturralde os acompaña ao vivo sobre o escenario. Toda unha posta en escena de imaxe e son que leva un paso máis alá as ganas de colaboración e experimentación do grupo Sumrrá con outros artistas e campos artísticos. 

Manuel Gutierrez Iglesias. Piano Xacobe Martínez Antelo. Contrabaixo L .A. R. Legido. Batería 

Laura Iturralde. Videocreación 

 

Could be of your interest...