Entradas para FANZINE FEST en A Coruña - Bytone, Sonic Robots e Douglas Dare
Data: 1 de decembro de 2018
Horario: 20.30 h
Lugar: Teatro Colón (A Coruña)
Entradas: 15,00 € (venda anticipada até o día anterior ao concerto ás 23.59 h – 10,00 €)
(Todos os que acedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)
O Fanzine Fest 2018 marca o décimo aniversario do proxecto Fanzine e para iso damos un paso adiante, creando unha experiencia multidisciplinar de vangarda audiovisual que busca a experiencia única do universo sensorial nun marco de elegancia.
Douglas Dare, cunha actuación a solo de piano; Moritz Simon Geist aka Sonic Robots, cun show no que os robots e mecanismos serán os protagonistas; e Byetone, co seu afamado show audio-vídeo, serán os tres artistas elixidos para inauguraren o Fanzine Fest.