Event finished

Tickets for James Rhodes en concerto (Teatro Colón)

James Rhodes en concerto (Teatro Colón)

Additional info

James Rhodes en concerto (Teatro Colón)

Event information

Entradas para  o CONCERTO DE JAMES RHODES en A Coruña

Data: 2 de marzo de 2019

Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala)

Lugar: Teatro Colón (A Coruña)

Entradas: 20,00 / 22,00 / 26,00 € (1ª fila de principal – visibilidade reducida – 18,00 €) (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, - 20 %) (Familia numerosa, - 25 % (descontó aplicable só nos despachos de billetes)

Programa:

L van Beethoven: Sonata in D minor Op 28 ‘Pastoral’

F. Chopin Scherzo n. 2 in B flat minor  Op 31

F Chopin: Nocturne in C minor Op 48/1

JS Bach arr F Busoni: Toccata, Adagio & Fugue in C BWV 564

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

(Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao teatro)

“A música que interpreto nesta nova xira fálanos dos nosos mundos internos e externos. Desde a interioridade de Beethoven e a espiritualidade de  Chopin ata o alegre e  grandilocuente mundo de  Bach, mergullarse no universo destes grandes compositores bríndanos unha oportunidade única para escapar do mundo cada vez máis tolo no que vivimos e recargarnos un pouco as pilas”.

Carismático,  visceral e moi  talentoso, James  Rhodes asegura que  Bach salvoulle a vida. Así nolo explicaba no prólogo do seu primeiro libro, "Instrumental. Memorias de música, medicina y locura" (7ª edición, máis de 100.000 exemplares vendidos), co que obtivo un enorme e inesperado éxito.

Rhodes converteuse nun dos principais  divulgadores da música clásica no mundo, grazas ás súas xiras e concertos en todo tipo de festivais e salas, e varios documentais sobre a súa figura filmados coa complicidade de cadeas de televisión británicas. 

O seu libro máis recente, “Fugas" –“ Fire  on  all  Sides” na súa edición en inglés–, repasa unha das súas xiras máis importantes e recolle as vivencias, medos e derivas emocionais do seu día a día, sempre rodeado da música que tanto ama.

Reverenciado pola crítica polo seu estilo irreverente e innovador,  Rhodes achega un toque moi persoal a cada unha das súas actuacións. E a súa actuación deste ano na Coruña,  promete ser máxica, sen dúbida, e non deixará a ninguén indiferente…-- 

 

 

Could be of your interest...