Entradas para Julián Elvira, Frauta Prónomo | IMAXINA Sons'17

Julián Elvira, Frauta Prónomo | IMAXINA Sons'17

Información adicional

Julián Elvira, Frauta Prónomo | IMAXINA Sons'17

  • 05 jul 2017
  • 20:30h (CEST) Europe/Madrid
  • desde 3,00 €
  • Salón de Actos do MARCO Museo de Arte Contemporánea, Vigo mostrar mapa
Precio mínimo garantizado
Información del evento

Julián Elvira. Frauta Prónomo e outros tubos intelixentes en Vigo

Mércores 5 xullo, 20:30h, Salón de Actos do MARCO

“Tubos intelixentes: A metáfora da xenética” é unha proposta baseada na relación que xurde entre o sopro e a vibración do aire dentro das frautas Prónomo e subcontrabaixa, pois nelas conviven o berro e o murmurio. O concerto enteiro supón unha exploración rigorosa dalgúns secretos que agacha a natureza esencial do son destes tubos. Cada proposta, cada mestura de ritmo ou melodía, cada bucle ou motivo, nace do minucioso traballo de investigación que apura as posibilidades tímbricas. Os conceptos clásicos a propósito do son que debe producir a frauta e os seus irmáns, os tubos, extínguense aquí e a mestizaxe colle forza, tórnase impredicible. Música de nova creación para frautas e electrónica con improvisación.

O frautista Julián Elvira, nacido en 1973, converteuse nos últimos anos en nome de referencia en canto á música experimental e de vangarda para frauta traveseira se refire, sendo, ademais, un dos intérpretes máis versátiles e transgresores do noso país. Tras terminar a carreira no Real Conservatorio de Música de Madrid, trasládase a Budapest, onde realiza un mestrado na Corvin University co profesor István Matuz sobre acústica da frauta enfocada a novas tendencias e performances, xénese do seu grande proxecto de vida; a creación da súa “Frauta Prónomo”.

Julián Elvira, frauta prónomo e outros tubos

Entradas para Julián Elvira en Salón de Actos do MARCO de Vigo o 5 xullo

As entradas teñen un prezo de 3 €.

Non quedes sen elas!!

 

También podría interesarte...

Precio mínimo garantizado
Precio mínimo garantizado