Entradas para Luar na Lubre presenta Ribeira Sacra (Teatro Rosalía)

Luar na Lubre presenta Ribeira Sacra (Teatro Rosalía)

Información adicional

Luar na Lubre presenta Ribeira Sacra (Teatro Rosalía)

Información del evento

Entradas para a presentación do novo disco de LUAR NA LUBRE – RIBEIRA SACRA en A Coruña 

Data: 5 de decembro de 2018

Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o aceso á sala)

Lugar: Teatro Rosalía Castro (A Coruña)

Entradas: 12,00 / 14,00 / 17,00 / 20,00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregradas, -20 %) (Familias numerosas, - 25 % (só no despacho de billetes)) 

(Todos os que acedan ao recinto no que tenrá lugar o concerto deben facelo con entrada)

(Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o desconto no despacho de billetes ao mercar a entrada e no aceso ao Teatro Rosalía)

 

Luar Na Lubre, unha das bandas de referencia da música folk publica no ano 2018 novo disco, esta vez dedicado á Ribeira Sacra. A banda liderada por Bieito Romero gravou en outubro de 2017 este novo traballo discográfico no Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos, Ourense), e o seu obxectivo é poñer en valor, a través da música, a riqueza histórica, etnográfica, natural e monumental deste territorio. Este novo traballo inclúe 26 temas que proveñen de composicións propias, música tradicional e melodías “que van lembrare remarcar todo o patrimonio que temos na Ribeira Sacra”, en palabras de Bieito Romero, que salientou que “esta é a primeira vez que se fai un disco destas características para potenciar e difundir a Ribeira Sacra a través da música, un territorio que é desde sempre patrimonio da humanidade, aínda que oficialmente aínda non, e a nosa idea é poder falar coa grandeza da Ribeira Sacra, potenciándoa a través da música”.

Ribeira Sacra conta con ducias de colaboradores que achegan o seu grao de area ás 26 cancións deste disco: desde Víctor Manuel ata SES, pasando pola Coral de Ruada, Nani García, a asturiana Marisa Valle Roso, Juan A. Antepazo de Astarot, Irma Macías Suárez, Brais Maceiras, entre outros moitos.

Luar Na Lubre son

BIEITO ROMERO  Gaitas, acordeón, zanfona IRMA MACÍAS  Voz ANTÍA AMEIXEIRAS  Violín PATXI BERMÚDEZ  Bodhran, tambor, djembé PEDRO VALERO  Guitarra acústica XAVIER FERREIRO  Percusión latina, efectos XAN CERQUEIRO  Frautas BRAIS MACEIRAS  Acordeón

  

 

También podría interesarte...