Evento terminado

Entradas para LUAR NA LUBRE en concerto: RIBEIRA SACRA en Vilagarcía

LUAR NA LUBRE en concerto: RIBEIRA SACRA en Vilagarcía

Información adicional

LUAR NA LUBRE en concerto: RIBEIRA SACRA en Vilagarcía

  • 11 oct 2018
  • Auditorio Municipal Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arosa mostrar mapa
Información del evento

Entradas LUAR NA LUBRE en concerto: RIBEIRA SACRA en Vilagarcía de Arousa

LUAR NA LUBRE en concerto: RIBEIRA SACRA actuará el próximo 11 de octubre en el Auditorio Municipal Vilagarcía de Arousa a las 20:30h.

Luar Na Lubre, é unha das bandas de referencia da música folk do noso país,  e o seu novo disco está dedicado á Ribeira Sacra. A estrea en directo tivo lugar días 2 e 3 de xuño no Teatro Principal de Ourense. A banda liderada por Bieito Romero gravou en outubro de 2017 este novo traballo discográfico no Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos, Ourense), que ten como obxectivo poñer en valor a través da música a riqueza histórica, etnográfica, natural e monumental deste territorio.

Este novo traballo inclúe 26 temas que proveñen de composicións propias, música tradicional e melodías “que van lembrare remarcar todo o patrimonio que temos na Ribeira Sacra”, en palabras de Bieito Romero, que salientou que “esta é a primeira vez que se fai un disco destas características para potenciar e difundir a Ribeira Sacra a través da música, un territorio que é desde sempre patrimonio da humanidade, aínda que oficialmente aínda non, e a nosa idea é poder falar coa grandeza da Ribeira Sacra, potenciándoa a través da música”.

Ribeira Sacra conta con ducias de colaboradores que achegan o seu grao de area ás 26 cancións deste disco: desde Víctor Manuel ata SES, pasando pola Coral de Ruada, Nani García, a asturiana Marisa Valle Roso, Juan A. Antepazo de Astarot, Irma Macías Suárez, Brais Maceiras, entre outros moitos.

Bieito Romero remarcou na presentación que tivo lugar en Ourense que esta gravación “tocoume no corazón, porque as miñas orixes están na Ribeira Sacra, e ademais, para todos supuxo un proxecto moi especial porque comezamos a traballar nel na data en que os lumes fixeron estragos en Galicia en outubro de 2017, e o feito de estar nun territorio de tal alto valor natural, como é a Ribeira Sacra, nos fixo arrancar con moita tristura”. Romero lembrou o labor etnográfico e de recolleita de sons naturais e testemuñas que enriqueceron este traballo musical. “Fomos polas aldeas a falar coa xente, recollemos sons de vento, carros, campás, e tamén imaxes de nevaradas, amenceres..., de tal xeito que neste traballo mestúrase a música co ambiente da Ribeira Sacra”. A súa pretensión, remata, “foi acadar unha banda sonora humana e natural”.

 

O traballo discográfico recolle tamén nas letras feitos e personaxes históricos, como “Romasanta”, e de lenda, como os “Felos de Maceda e Esgos”, de fonda tradición etnográfica no entroido, ademais de textos en “Barallete”, a linguaxe dos afiadores.

BIEITO ROMERO Gaitas, acordeón, zanfona

IRMA MACÍAS Voz

ANTÍA AMEIXEIRAS Violín

PATXI BERMÚDEZ Bodhran, tambor, djembé

PEDRO VALERO Guitarra acústica

XAVIER FERREIRO Percusión latina, efectos

XAN CERQUEIRO Frautas 

 

Entradas para LUAR NA LUBRE en concerto: RIBEIRA SACRA el 11 de Octubre

Las entradas anticipadas para LUAR NA LUBRE en concerto: RIBEIRA SACRA tienen un coste de:

Entrada Anticipada Zona A: 18€ + gastos de gestión 

Entrada Anticipada Zona B: 15€ + gastos de gestión

Entrada Anticipada Zona C: 12€ + gastos de gestión

 

También podría interesarte...