Entradas para Marc Ducret Trio | IMAXINA Sons'17

Marc Ducret Trio | IMAXINA Sons'17

Información adicional

Marc Ducret Trio | IMAXINA Sons'17

  • 02 jul 2017
  • 21:00h (CEST) Europe/Madrid
  • desde 5,00 €
  • Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Vigo mostrar mapa
Precio mínimo garantizado
Información del evento

Marc Ducret Trío en Vigo

Domingo 2 xullo, 21:00, Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Comezou tocar porque o facían outros nenos e por ter algún acompañamento cando cantaba. Nin de lonxe pensaba Marc Ducret (París, 1957) adicarse á música profesionalmente, porén estando na universidade ofrecéronlle facer unha substitución nunha banda de rithm & blues coa que estivo de xira durante un ano. Hoxendía é un dos máis reputados guitarristas europeos con proxectos a ambos lados do Atlántico. O Marc Ducret Trio fai vinte anos e para celebralo, nas súas propias palabras: “un repertorio especial recurrindo á alquimia sonora particular destes músicos e a súa capacidade para asumir distintos papeis dentro dun mesmo fragmento”.

Marc Ducret considérase un músico ecléctico que sitúa moitas das súas músicas favoritas nos anos sesenta e na música popular. Entre as súas constantes referencias, a música dos Beatles pola súa capacidade de inventiva, pero tamén os vellos discos de Hendrix, Aretha Franklin, Al Green ou Joni Mitchell. A música que cumpre a súa función é boa música, di, non importa se é simple ou complexa. Fundamentalmente guitarrista eléctrico, Ducret ten indagado noutros instrumentos de corda como a guitarra acústica, o baixo ou o oud –o laúde da cultura árabe-. Nos seus primeiros anos como guitarrista profesional colaborou con grupos de folk, proxectos de danza e diversos cantantes. En 1986 entra a formar parte da Orquestra Nacional de Jazz de Francia coa que participa en máis de oitenta concertos e un ano máis tarde recibe o premio Django Reihardt seguido do galardón da revista Jazz Hot ao mellor guitarrista en 1988. É o momento de formar o seu propio trío e facer o debut discográfico: será La Théorie du Pilier (Label Bleu, 1988).

Nos noventa comeza a colaborar co saxofonista Tim Berne nas formacións Big Satan e Science Fitction, co que ten gravado máis de dez discos e co que actúa regularmente nos Estados Unidos. En 1997 pon en marcha unha estrutura estable e vixente a día de hoxe que é o trío formado co baixo Bruno Chevillon, da xeración de Ducret e considerado un dos mellores músicos de jazz de Francia, e o baterista Eric Echampard, representante da nova xeración de jazz galo. Para Ducret,  é o seu laboratorio de ideas e con eles editou L´Ombra di Verdi (Screwgun, 1999) e dous directos en 2004 e 2006 respeitivamente. En 2003 edita un dos seus proxectos máis ambiciosos Qui parle? ( Sketch Records) no que ademais de Chevillon e Echampard, contou con dez músicos máis, tres actores e unha cantante. O jazz é só unha parte dun proxecto no que a música vai mutando con formas que viaxan da música popular á clásica contemporánea con retallos de country e rock.

Marc Ducret, guitarra

Bruno Chevillon, contrabaixo, baixo

Eric Echampard, batería

Entradas para Marc Ducret Trio en Auditorio Municipal de Vigo o 2 xullo

As entradas teñen un prezo de 5 €.

Non quedes sen elas!!

 

También podría interesarte...

Precio mínimo garantizado
Precio mínimo garantizado