Evento terminado

Entradas para Milladoiro presenta Atlántico (Teatro Colón)

Milladoiro presenta Atlántico (Teatro Colón)

Información adicional

Milladoiro presenta Atlántico (Teatro Colón)

Información del evento

Entradas concerto presentación do novo disco de MILLADOIRO  - ATLÁNTICO en A Coruña 

Data: 13 de outubro de 2018

Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o aceso á sala)

Lugar: Teatro Colón (A Coruña)

Entradas: 11,00 / 14,00 / 18,00 € (1ª fila de principal, visibilidade reducida, 8,00 €) (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%) (familias numerosas, -25% (só no despacho de billetes))

(Todos os que acedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

(Os compradores de entradas con desconto, deben presentar o documento que acredite o descontó no momento de mercar a entrada e do aceso ao recinto no que terá lugar o espectáculo)

Velaquí Milladoiro. O Milladoiro de sempre e, ao mesmo tempo, un Milladoiro renovado, permanentemente renovado, consonte quen sabe que a identidade, que se constrúe con afouteza, intelixencia, talento e traballo, moito traballo, debe ser algo para revisar constantemente, revisitar deberíamos dicir, para que, como os vellos licores, decante e dea as mellores esencias.

Velaquí Milladoiro que nos convida a viaxar alén de nós, no mar da memoria e do tempo, o mar da saudade, esa luz diferente que marabilla o mundo e fala de nós dende as varandas derradeiras.

 

 

 

También podría interesarte...