Evento terminado

Entradas para MORCHEEBA | Voices Pazo da Cultura Pontevedra 2018

MORCHEEBA | Voices Pazo da Cultura Pontevedra 2018

Información adicional

MORCHEEBA | Voices Pazo da Cultura Pontevedra 2018

Información del evento

Concerto Morcheeba | Voices Pazo da Cultura Pontevedra, 2018

Non perdas o concerto de MORCHEEBA, dentro do Ciclo Voices 2018, o venres 23 de novembro de 2018 ás 21.00h no Pazo da Cultura de Pontevedra. A apertura de portas será ás 20:30h. 

Morcheeba subirá ao escenario do Pazo da Cultura o venres 23 de novembro, dentro da segunda edición do Ciclo Voices, para presentar os temas do seu novo álbum. Poucos grupos como Morcheeba teñen brillado tanto desde mediados dos anos noventa, cando xurdiron na escena do trip hop, unindo a música electrónica con funk, soul e jazz. As súas composicións seguen a transportarnos a esas paraxes exóticas tan características da banda. O seu ADN segue a ser ese downtempo atravesado por sucos de trip-hop, deixes africanos, e riffs de guitarras e sons de sitar coroados pola voz íntima de Skye. Unha banda moi persoal, difícil de clasificar e que co paso dos años conseguiu facerse un oco no corazón dos seus seguidores, aportando a partes iguais un profundo pozo de melancolía e outro de optimismo. Morcheeba naceu en 1995 e completou oito álbums desde entón, chegando a estar na lista dos 10 máis vendidos de Reino Unido con dous deles.

Seguindo coa súa aposta por consolidarse coma un referente no ámbito da programación cultural galega, a cidade de Pontevedra ofrece, por segundo ano consecutivo, os mellores directos musicais da man do Ciclo Voices, o cal nace baixo a premisa da calidade e a diversidade artística, e medra un ano máis para achegar a Pontevedra algunhas das mellores voces do panorama internacional. 

IMPORTANTE: Menores de 16 anos acompañados por un adulto.

 

Entradas para Morcheeba no Pazo da Cultura 

As entradas para o concerto de MORCHEEBA en Pontevedra teñen un prezo dende 17€ + gastos de xestión.

NOTA: AS LOCALIDADES QUE A CONTINUACIÓN SE INDICAN ESTÁN OCUPADAS POR CADEIRAS

  • FILA 2 DENDE O ASENTO 1 AO 24 
  • FILAS 3 E 4 DENDE O ASENTO 1 AO 28 
  • FILA 5 ASENTOS 13 AO 29 E 14 AO 28   

¡Non quedes sen entradas!

También podría interesarte...