Entradas para Nacho Vegas (Teatro Colón)

Nacho Vegas (Teatro Colón)

Información adicional

Nacho Vegas (Teatro Colón)

  • 27 dic 2018
  • 20:30h (CET) Europe/Madrid
  • Desde 16,00 €
  • Teatro Colón, A Coruña mostrar mapa
Información del evento

Entradas concerto Nacho Vegas en A Coruña 

Data: 27 de decembro de 2018

Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o aceso á sala)

Lugar: Teatro Colón (A Coruña)

Entradas: 25,00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%) (familias numerosas, -25% (só no despacho de billetes)) (Venda anticipada até o día anterior ao concerto ás 23.59 h, 20,00 €)

(Todos os que acedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

(Os compradores de entradas con desconto, deben presentar o documento que acredite o descontó no momento de mercar a entrada e do aceso ao recinto no que terá lugar o espectáculo)

NACHO VEGAS é, a día de hoxe, un dos artistas máis consolidados e respectados do noso país. Nos escenarios desde os anos noventa con grupos como Eliminator Jr ou Manta Ray, comezou a súa carreira en solitario en 2001 co selo independente madrileño Limbo Starr mentres paralelamente formaba o grupo Lucas 15 con outros músicos asturianos. Con este selo publicou o seu primeiro disco en solitario, “Actos inexplicables” (2001).

Desde que comezou a súa traxectoria en solitario, Nacho Vegas publicou varios discos e EP, e tamén fixo destacadas colaboracións, como “El tiempo de las cerezas” con  Enrique  Bunbury (2006) ou “Verano Fatal” (2007) con Christina  Rosenvinge.

O pasado mes de xuño, Nacho Vegas editou ‘ Violética’ (Marxophone, 2018). O álbum  contén 18 temas e conta con diversas colaboracións, entre as que salientan as de Cristina Martínez, Christina  Rosenvinge ou  Maria Rodés.

También podría interesarte...