Entradas para Selección Noroeste - Niño de Elche (Teatro Colón)

Selección Noroeste - Niño de Elche (Teatro Colón)

Información adicional

Selección Noroeste - Niño de Elche (Teatro Colón)

  • 13 dic 2018
  • 20:30h (CET) Europe/Madrid
  • Desde 6,40 €
  • Teatro Colón, A Coruña mostrar mapa
Información del evento

Entradas concerto Niño de Elche en A Coruña 

Data: 13 de decembro de 2018

Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o aceso á sala)

Lugar: Teatro Colón (A Coruña)

Entradas: 11,00 / 14,00 / 18,00 € (1ª fila de principal, visibilidade reducida, 8,00 €) (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas, -20%) (familias numerosas, -25% (só no despacho de billetes))

(Todos os que acedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

(Os compradores de entradas con desconto, deben presentar o documento que acredite o descontó no momento de mercar a entrada e do aceso ao recinto no que terá lugar o espectáculo)

Cantaor multidisciplinar e exflamenco, soubo xuntar nas súas variadas propostas artísticas xéneros ou disciplinas como o flamenco, a electrónica, a literatura, a performance, a poesía fonética, o rock, a canción de autor ou a música contemporánea, entre outras. Entre a súa produción discográfica (os álbums ‘Strates’ ou ‘Sí, a Miguel Hernández’, e o seu proxecto en común con Toundra, a banda Exquirla) o seu último traballo publicado, ‘Voces del Extremo’ (2015), situouno no punto de mira mediático: con el obtivo o Premio Ruído da Asoc. de Prensa Musical e foi disco do ano para medios especializados como Rockdelux, El País ou Radio 3. Con este proxecto participou en festivais como Womex, Manchester Jazz Festival, Les Transmusicales, Womad ou Sónar.

O novo proxecto de NIÑO DE ELCHE —dirixido polo artista Pedro G. Romero e producido por Raúl Fernández ‘Refree’— sorprende baixo o nome de ‘Antología del cante flamenco heterodoxo’. Composta por 27 pezas, esta antoloxía recolle as influencias flamencas do cantaor reinventadas en crebacabezas sonoros.

 

También podría interesarte...