Event finished

Tickets for Pauliña + RuxeRuxe

Pauliña + RuxeRuxe

Additional info

Pauliña + RuxeRuxe

Event information

RUXE RUXE

Rock, Punk,Folk, Bravú.

Din deles que teñen o mellor directo do rock galego. Despois de máis de dez anos de traballo ás costas, os Ruxe Ruxe son hoxe unha das propostas máis interesantes da música galega. Unha banda que se formou no 1996 en Aríns ( Compostela) e que nestes anos soubo misturar coma poucos o rock and roll ca música de tradicións galegas dende unha actitude punk. Unha chamativa proposta de instrumentos eléctricos envolto cos tradidionais, como un dos nosos maís representativos, a gaita.

As letras falan do cotiá e da realidade que rodea a banda, sempre dende a ollada dun realismo máxico, que mistura un grande contido social ca poesía. Ruxe Ruxe teñen percorrida toda a Península, sempre cunha fervorosa acollida dos seus once discos á venda. As súas cancións téñense utilizado nalgúns programas de televisión e mesmo filmes.

O tema "Ás escuras" do disco Fervendo, foi a cuarta canción máis votada en 2004 na Polskie Radio (Radio Estatal de Polonia) polos seus oíntes. Na xira de presentación de "Comercial" chegaron a dar máis de cincuenta concertos ao redor de toda a península. O videoclip do seu tema "Buratos" foi finalista nos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego.

No ano 2015 Jairo Iglesias realizou o documental "Sempre Adiante" no que se aborda a rutina da banda e a súa maneira de facer as cousas no día a día, nos ensaios, no estudio de gravación e nos concertos. Tamén é un pequeno repaso á historia musical do grupo co gallo do seu 20º aniversario. O documental estreouse no Teatro Principal de Compostela en maio de 2015.

 

PAULIÑA

Rock, blus, country, soul.

Dende Cambados chega Paula Chave a engrosar a listaxe de músicas que traballan na nosa lingua. Trátase da compositora e cantante máis coñecida como Pauliña. Os oito temas de De-Xeneración foron a carta de presentación desta artista que mestura country, folk, blues, pop e soul en galego. Cancións que apostan pola enerxía e a reivindicación e que ven a luz da man de Xoinx Records. Gravado nos estudios desta firma en Bandeira, o tema de presentación, Non é ficción contou coas colaboracións de Heredeiros da Crus e Os Diplomáticos de Monte Alto, entre outros. Esta xove compositora galega ven acompañada por Lolo Arincón ó baixo, Paco Montoto ós teclados e coros, Julián Gullón á guitarra eléctrica e pandeireta e  Iago Jorge á batería,cas colaboracións de Santi Cerviño á armónica e Ana Fernández ós coros. Os textos, que tanta importacia acadan na súa música, pasan do estrictamente personal ó social. Afiados e contundentes amosan un estilo que nos farán vibrar e cantar ó son da música da nosa terra.

 

Could be of your interest...