Event finished

Tickets for Presentación "Bailando as rúas"- A banda da Loba

Presentación "Bailando as rúas"- A banda da Loba

Additional info

Presentación "Bailando as rúas"- A banda da Loba

  • 08 dec 2017
  • Sala Capitol, Santiago de Compostela show map
Event information

Muiñeiras nos montes.
Maneos nos muíños.
Música con M de muller. 
Para poboar 
os camiños das cidades, 
as avenidas das aldeas, 
as encrucilladas nas que se agocha Pepa a Loba. 
Bailemos as rúas!

 

Integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto, destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk... e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical.

 

O 8 de decembro presentarán o seu primeiro disco, "Bailando as rúas", na Sala Capitol (Compostela), onde comezarán unha xira que as levará por toda a xeografía galega.

 

Could be of your interest...