Entradas para Rodrigo Romaní - Fíos de ouro no ar (Teatro Rosalía Castro)

Rodrigo Romaní - Fíos de ouro no ar (Teatro Rosalía Castro)

Información adicional

Rodrigo Romaní - Fíos de ouro no ar (Teatro Rosalía Castro)

Información del evento

Entradas para o concerto de Rodrigo Romaní "Fios de ouro no ar" en A Coruña

•     Data: 27 de abril de 2018

•     Horario:  20.30 h (Prégase puntualidade. Non se permitirá o acceso á sala unha vez que comece o concerto) 

•     Lugar: Teatro Rosalía Castro (A Coruña)

•     Prezo: 6’50, 8’00, 10’00, 14’00 € (Carne xove, +65 anos, persoas desempregadas, - 20 %) 

      (Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

      (Os beneficiarios dos descontos deben amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao recinto)

Rodrigo Romani presenta o seu novo traballo discográfico Fios de ouro no ar, un album concebido para recrear un xogo sónico de luzes e sombras, de penumbras estilísticas, de discursos entreverados con alusións a músicas de diversas orixes nas que a tradición oral da musica popular vertebra un producto inconfundiblemente galego.  A súa tradución ao directo da como resultado un concerto de sonoridades delicadas ao mesmo tempo que definidamente rítmicas, evocadas pola complexidade de duas arpas combinadas con elementos electrónicos e percusións acústicas unidas ao canto e a ocarina, na que Rodrigo ten demostrado unha especial capacidade de interpretación. 

Rodrigo Romaní (arpa, voz, ocarina e programacións), Bea Martínez (arpa segunda), Xulia Feixoo (percusións)

 

 

 

También podría interesarte...