Entradas para Santiago Quintáns, ARK | IMAXINA Sons'17

Santiago Quintáns, ARK | IMAXINA Sons'17

Información adicional

Santiago Quintáns, ARK | IMAXINA Sons'17

  • 04 jul 2017
  • 20:30h (CEST) Europe/Madrid
  • desde 3,00 €
  • Salón de Actos do MARCO Museo de Arte Contemporánea, Vigo mostrar mapa
Precio mínimo garantizado
Información del evento

Santiago Quintáns, ARK en Vigo

Martes 4 xullo, 20:30h, Salón de Actos do MARCO

ARK é un proxecto de Santiago Quintáns para guitarra, solo con electrónica. O músico continúa explorando as fronteiras entre composición, improvisación e música experimental, investigando as posibilidades da música moderna cunha ollada curiosa e inqueda. Fiel á guitarra electrica, pero cunha visión precisa de compositor, Santiago sintetiza tradición e modernidade en arriscados proxectos nos que non faltan nin sensualidade nin enerxía. As súas composicións para grupos de musica contemporánea, compañías de danza ou grupos de jazz, apuntan a unha nova experiencia do fenómeno sonoro: a música como escultura en movemento, a escoita como xesto táctil e o espazo sonoro como zona de xogos aberta á improvisacion.

Nacido en Vigo en 1975, Santiago instálase nos Estados Unidos en 1995. Alí estuda guitarra, jazz e composición na Universidade de Miami e comeza unha carreira internacional acompañando a Kenny Wheeler e Maria Schneider, entre outros. O seu interese pola música moderna impúlsao a viaxar a Paris en 2003 onde participa como compositor e intérprete en estreas de contemporánea ("Seven" de Peter Eötvös, con dirección de Mark Foster). Desde 2006 realiza un traballo de investigación sobre a guitarra eléctrica amplamente divulgado en conferencias e textos para revistas de musicoloxía (Appareil, JIM, Espacio Sonoro). Integrado na paisaxe musical francesa, o Conservatorio da cidade de Le Mans convídao a dirixir o seu programa de jazz e músicas improvisadas en 2008.

Santiago Quintáns, guitarra, electrónica

Entradas para Santiago Quintáns en Salón de Actos do MARCO de Vigo o 4 xullo

As entradas teñen un prezo de 3 €.

Non quedes sen elas!!

 

También podría interesarte...

Precio mínimo garantizado
Precio mínimo garantizado