Entradas para SES presenta Rabia ao Silencio en Rianxo

SES presenta Rabia ao Silencio en Rianxo

Información adicional

SES presenta Rabia ao Silencio en Rianxo

  • 05 abr 2019
  • 21:00h (CET) Europe/Madrid
  • Desde 16,00 €
  • Auditorio de Rianxo, A Coruña mostrar mapa
Información del evento

SES presenta Rabia ao Silencio en Rianxo

Non perdas o concerto de SES presentando Rabia ao Silencio o próximo venres 5 de abril do 2019 na Auditorio Municipal de Rianxo a partir das 21:00 horas.

A “rabia ao silencio” que cantaba Yupanki da nome a este espectáculo composto por unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor, mais todas elas ligadas a un pobo do que manaron e ao que nutriron.
Maria Xosé Silvar, Sés, proponnos desta volta un espectáculo acústico, máis íntimo e directo do que nos ten acostumados, para traer á Galiza do s. XXI xoias musicais que na pasada centuria chegaron de ultramar (Cuba, Arxentina, Brasil...), mais tamén de diferentes puntos da Península Ibérica, na voz de Carlos Puebla, Víctor Jara, Mercedes Sosa ou Zeca Afonso. Cancións adaptadas á nosa lingua que foron, no seu momento, semente ou crónica dos grandes movementos sociais do século XX, cancións que exemplifican a pluma e a voz profundas, humanas e solidarias.

 

María Xosé Silvar "SES" - voz, guitarra e percusión
Sabela Galbán - voz, acordeón e flauta
Tito Calviño - guitarra

 

Entradas para SES na Auditorio Municipal de Rianxo

As entradas para o concerto de SES na Auditorio Municipal de Rianxo teñen un prezo desde 16 euros + gastos de xestión.

 

También podría interesarte...