Entradas para SES presenta Rabia ao Silencio en Ribadeo

SES presenta Rabia ao Silencio en Ribadeo

Información adicional

SES presenta Rabia ao Silencio en Ribadeo

  • 04 may 2019
  • 21:00h (CET) Europe/Madrid
  • Desde 16,00 €
  • Auditorio Hernan Naval, Ribadeo mostrar mapa
Información del evento

SES presenta Rabia ao Silencio en Ribadeo

Non perdas o concerto de SES presentando Rabia ao Silencio o próximo sábado 4 de maio do 2019 na Auditorio Hernán Naval de Ribadeo a partir das 21:00 horas.

A “rabia ao silencio” que cantaba Yupanki da nome a este espectáculo composto por unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor, mais todas elas ligadas a un pobo do que manaron e ao que nutriron.
Maria Xosé Silvar, Sés, proponnos desta volta un espectáculo acústico, máis íntimo e directo do que nos ten acostumados, para traer á Galiza do s. XXI xoias musicais que na pasada centuria chegaron de ultramar (Cuba, Arxentina, Brasil...), mais tamén de diferentes puntos da Península Ibérica, na voz de Carlos Puebla, Víctor Jara, Mercedes Sosa ou Zeca Afonso. Cancións adaptadas á nosa lingua que foron, no seu momento, semente ou crónica dos grandes movementos sociais do século XX, cancións que exemplifican a pluma e a voz profundas, humanas e solidarias.

 

María Xosé Silvar "SES" - voz, guitarra e percusión
Sabela Galbán - voz, acordeón e flauta
Tito Calviño - guitarra

 

Entradas para SES na Auditorio Hernán Naval de Ribadeo

As entradas para o concerto de SES na Auditorio Hernán Naval de Ribadeo teñen un prezo desde 16 euros + gastos de xestión.

 

También podría interesarte...