Event finished

Tickets for SONDESEU en As Pontes

SONDESEU en As Pontes

Additional info

SONDESEU en As Pontes

  • 23 feb 2019
  • Cine Auditorio Alovi, As Pontes show map
Event information

Sondeseu en As Pontes

Non perdas o concerto de Sondeseu o próximo sábado 23 do febreiro do 2019 na Cine Auditorio Alovi de As Pontes a partir das 20:00 horas.

SonDeSeu é unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada. Sondeseu naceu EN 2001 no antigo departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios, hoxe E-Trad, Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo, experiencia singular que persigue a fusión entre formación especializada, práctica escénica e música en comunidade. Dende entón leva unha traxectoria ascendente que a proxecta no panorama español e internacional, con cinco publicacións discográficas e numerosos recoñecementos públicos.

 

Entradas para Sondeseu no Auditorio Alovi de As Pontes

As entradas para o concerto de Sondeseu no Auditorio Cine  Alovi de As Pontes teñen un prezo desde 8 euros + gastos de xestión.

Could be of your interest...