Evento terminado

Entradas para Stefano Rochi & Marcos Coll en Vigo

Stefano Rochi & Marcos Coll en Vigo

Información adicional

Stefano Rochi & Marcos Coll en Vigo

Información del evento

Concerto de Stefano Ronchi & Marcos Coll en Vigo

Non perdas o concerto de Stefano Ronchi & Marcos Coll o próximo domingo 22 de abril de 2018 a partires das 20:00 horas na Sala La Pecera de Vigo.

Stefano Ronchi & Marcos Coll voltan a Galicia para presentar ó seu primeiro disco Street Preachin, último na longa
lista de Marcos Coll. En directo son puro country blues. Un estilo antigo e conmovedor acercándose á mellor das
tradicions bluseiras misturado con innovacións coma samplers e incluso atrevendose co hiphop. Todo un luxo nun
formato reducido onde Stefano e Marcos mostranse virtuosos e cautivan o público dende o comenzo do concerto
nun espectáculo moi intimista e no que o público remata sendo parte do propio show.


Stefano "Slidin 'Wolf" Ronchi é un guitarrista e cantante de blues italiano. O seu repertorio musical centrase na
música folklórica negra dos anos 20 e 30, dende o delta blues ata piedmont blues. Stefano ven xirando por todo o
mundo compartindo escenario con bluesman conemporáneos coma Lurrie Bell, James Wheeler e nesta ocasión
acompañado polo noso Marcos Coll ó que coñece en Berlín nas lexendarias Monday Jelly Roll Session do mítico
White Trash. Rápido conectan e gravan o seu primeiro disco “ Street Preachin” grabado e producido íntegramente
en Berlín nos estudos Goovin Tomato , un traballo onde plasman 10 cancións unhas compostas por eles e algunha
versión retorcida de clásicos do blues. Conta con colaboracións espectaculares da escena berlinesa.

 

De Marcos Coll pouco podemos dicir que non se dixera, os seus inicios na Tonky Blues Band ó abandonar Galicia
para buscar fortuna en Madrid, as xiras con Mick Taylor (guitarrista dos Rolling Stones ), Buddy Miles ( Batería de
Jimi Hendrix ou Santana ), o concerto con Tom Jones nunha sala madrileña, a formación dos REYES DEL K.O xunto
con Adrián Costa, e onde comparten escenario con aútenticas lendas como Buddy Gay, Chuck Berry, Jhony Winter,
Robert Cray, John Mayall, Solomon Burke, The Animals, ou Fabulosos Thunderbirds. O seu traslado a Berlín onde
non deixa de xirar por todo o mundo, os Mighty Calacas, e convertirse en endorser e referente de HOHNER, a marca
de armónicas máis importantes do mundo. Marcos hoxe está considerado un dos millores armónicas de Europa,
circuito habitual dos seus directos.

 
 

Entradas para o concerto de Stefano Rochi & Marcos Coll en La Pecera

As entradas para o concerto de Stefano Ronchi & Marcos Coll o próximo domingo 24 de abril ás 20:00 horas teñen un prezo dende 8 euros + gastos de xestión.

¡No quedes sen entrada! 

También podría interesarte...