Entradas para STEFANO RONCHI & MARCOS COLL

STEFANO RONCHI & MARCOS COLL

Información adicional

STEFANO RONCHI & MARCOS COLL

  • 21 abr 2018
  • 21:00h (CEST) Europe/Madrid
  • Desde 8,00 €
  • Salón García, Vilagarcía de Arousa mostrar mapa
Información del evento

 

Stefano Ronchi & Marcos Coll voltan a Galicia para presentar ó seu primeiro disco Street Preachin, último na longa lista de Marcos Coll.  En directo son puro Delta blues. Un estilo antigo e conmovedor acercándose á mellor das tradicions bluseiras misturado con innovacións coma samplers e incluso atrevendose co  hiphop. Todo un luxo nun formato reducido onde Stefano e Marcos mostranse virtuosos e cautivan o público dende o comenzo do concerto nun espectáculo moi intimista e no que o público remata sendo parte do propio show.

 

 

 

Stefano "Slidin 'Wolf" Ronchi é un guitarrista e cantante de blues italiano. O seu repertorio musical centrase na música folklórica negra dos anos 20 e 30, dende o delta blues ata piedmont blues. Stefano ven xirando por todo o mundo compartindo escenario con bluesman conemporáneos coma Lurrie Bell, James Wheeler e nesta ocasión acompañado polo noso Marcos Coll ó que coñece en Berlín nas lexendarias Monday Jelly Roll Session do mítico White Trash. Rápido conectan e gravan o seu primeiro disco “ Street Preachin” grabado e producido íntegramente en Berlín nos estudos Goovin Tomato , un traballo onde plasman 10 cancións unhas compostas por eles e algunha versión retorcida de clásicos do blues. Conta con colaboracións espectaculares da escena berlinesa.

 

 

 

De Marcos Coll director artístico e embaixador do VILABLUES,  poco podemos dicir que non se dixera, os seus inicios na Tonky Blues Band ó abandonar Galicia para buscar fortuna en Madrid, as xiras con Mick Taylor (guitarrista dos Rolling Stones ), Buddy Miles ( Batería de Jimi Hendrix ou Santana ), o concerto con Tom Jones nunha sala madrileña, a formación dos REYES DEL K.O xunto con Adrián Costa, e onde comparten escenario con aútenticas lendas como Buddy Gay, Chuck Berry, Jhony Winter, Robert Cray, John Mayall, Solomon Burke, The Animals, ou Fabulosos Thunderbirds. O seu traslado a Berlín onde non deixa de xirar por todo o mundo, os Mighty Calacas, e convertirse en endorser e referente de HOHNER, a marca de armónicas máis importantes do mundo.  Marcos hoxe está considerado un dos millores armónicas de Europa, circuito habitual dos seus directos.

 

 

 

 

 

También podría interesarte...