Evento terminado

Entradas para Tachenko (Teatro Colón)

Tachenko (Teatro Colón)

Información adicional

Tachenko (Teatro Colón)

Información del evento

Entradas para TACHENKO en A Coruña

Data: 21 de febreiro de 2019

Horario: 20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala)

Lugar: Teatro Colón (A Coruña)

Entradas: 14,00 € (Venda anticipada até o día anterior ao concerto ás 23.59 h – 11,00 €) (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas, -20%) (Familia numerosa, -25% (só no despacho de billetes)

(Todos os que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

(Os beneficiarios de descontos deben presentar o documento que acredite o descontó no momento de mercar a entrada de do acceso ao teatro)

Dentro duns anos dedicarémonos a facer catas verticais cos discos de Tachenko. Reunirémonos con vellos pantalóns de pana desgastados e americanas que nalgún momento foron bonitas (con coderas, por suposto), para debater. Véxoo. Escollendo con coidado cada palabra para impresionar aos estudiosos de distintos puntos cardinales reunidos alí, para sorprenderlles coa frase analizada ese semestre na cátedra que cada un teñamos. Postos a elixir pídome nalgún lugar con verde e cafeterías de madeira, por favor. E a colleita de 2018 será das boas, das excelentes, porque este ano choveu moito e isto axuda. Ao campo e á vida en xeral. A vida sinxela, a que retrata Tachenko en cada disco. A que celebra o xesto menor como unha vitoria. Certeiras palabras acomodadas en melodías marca da casa. En tempos onde as follas promocionais deben vender fume con absurdos detalles que non importan, escribir acerca da materia nobre desta arte que é facer cancións non sabedes como me gusta. Elas falan. Non fai falta dicir que maduraron, porque só fixéronse máis vellos, no sentido da sabedoría adquirida entre risas, copas e bicos de amigos. Porque iso é para min Tachenko, a célula activa xunto ao Ebro á que acudo cando quero que a guerra das cancións non acabe nunca. Aquí está a colleita de 2018. Saboréaa como algo único, por favor, non cho tomes a treo, non deberías. Miqui Puig (North Barcelona. Xullo de 2018) Cantante de amor desde 1968 e membro de honra do club "Que non o vedes?" O disco, xa oitavo da súa carreira, foi gravado no agarimo polo ex Tachenko (e agora a tempo completo en León Benavente) Edu Baos, mesturado por Luca Petricca nos Estudos Reno e masterizado por Javier Roldón en Vacuum Mastering. A ilustración de portada é obra de Ainhoa Motilva. 

TACHENKO son Sergio Vinadé, Sebas Ponte, Alfonso Lúa e David Garcia " Libi”. 

 

 

 

 

También podría interesarte...