Entradas para Tribalistas no Multiusos Fontes do Sar, Santiago Compostela

Tribalistas no Multiusos Fontes do Sar, Santiago Compostela

Información adicional

Tribalistas no Multiusos Fontes do Sar, Santiago Compostela

Información del evento

Tribalistas no Multiusos Fontes do Sar

Compostela é unha das cidades elixidas por Tribalistas para a súa xira por Europa. O trío formado por Marisa Monte, Arnaldo Antunes e Carlinhos Brown regresa quince anos despois de venderen tres millóns de discos para facer unha xira mundial.

A cita será o venres 26 de outubro ás 21 horas no Multiúsos de Sar, e contará cun artista convidado. Tribalistas é un dos maiores fenómenos da música brasileira recente e os seus tres protagonistas volveron xuntarse en 2017 para publicar un novo disco quince anos despois do grandísimo éxito que supuxo o anterior. As súas músicas tiveron alcance mundial e medio planeta cantaruxaba aquilo de "eu sou de ninguem, eu sou de todo o mundo, e todo o mundo me quer bem" do tema 'Ja sei namorar'.

A banda estará formada por Dadi Carvalho (baixo, guitarra eléctrica, mandolina e teclado), Pedro Baby (guitarras acústicas e eléctricas), Pretinho da Serrinha (cavaquinho) e Marcelo Costa (batería).

DEREITO DE ADMISIÓN DE ACCESO DE MENORES AO CONCERTO DE TRIBALISTAS NO MULTIUSOS FONTES DO SAR O DÍA 27 DE OUTUBRO DE 2018 MENORES DE 16 ANOS: Autorización.

DEREITO DE ADMISIÓN DE ACCESO DE MENORES AO CONCERTO DE TRIBALISTAS NO MULTIUSOS FONTES DO SAR O DÍA 27 DE OUTUBRO DE 2018 IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 16 E 18 ANOS: Autorización.

 

 

 

También podría interesarte...