Evento terminado

Entradas para Uri Caine Trio (Feat. Kenny Davis e Clarence Penn) | IMAXINA

Uri Caine Trio (Feat. Kenny Davis e Clarence Penn) | IMAXINA

Información adicional

Uri Caine Trio (Feat. Kenny Davis e Clarence Penn) | IMAXINA

  • 30 jun 2017
  • Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Vigo mostrar mapa
Información del evento

Uri Caine Trio Feat. Kenny Davis e Clarence Penn en Vigo | IMAXINA Sons'17

Concerto de apertura

Venres 30 xuño, 21:00, Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Uri Caine ten  o infalible talento de absorber completamente o esencial de calquera xénero e reconvertilo de tal forma que o subvirte. Pianista e compositor, Caine aporta un ecléctico abano de disciplinas e influencias á súa música, que abrangue moitos dos estilos musicais cos que medrou, influencias de rhythm and blues, gospel, jazz, que se combinan creando un novo tipo de música; sons e formas influenciados pola música pop, postos en contacto con sons vangardistas.

Uri Caine (Filadelfia, EUA, 1957) é un dos teclistas máis versatiles da última década. De formación tanto clásica como jazzística, tocou desde moi novo con grandes figuras como Philly Joe Jones e Joe Henderson. Traballou en grupos liderados por Dave Douglas -tivemos a oportunidade de velos xuntos en Imaxina Sons 2010-, Terry Gibbs, Arto Lindsay, Don Byron, etc. e os seus arranxos de composicións clásicas de, entre outros, Mahler e Beethoven tiveron unha magnífica acollida. Desde a súa chegada a Nova York, Caine publicou trinta e dous álbums como líder. Gravou cd’s co seu jazz trío, co Bedrock Trio, co seu ensemble, interpretando arreglos de Mahler, Wagner, Beethoven, Bach e Schumann, así como solos de piano.

Kenny Davis naceu en Chicago. Trasladouse a Nova York en 1986, onde tocou con Out of the Blue, e en pouco tempo adaptouse á escena desta cidade. Empezou a tocar con Freddie Hubbars, Cassandra Wilson -foi arranxista da súa canción Blue Ligth Till Dawn, gañadora dun Grammy- Abbey Lincoln, Diana Reeves e Art Farmer, mentres estudaba música con Ron Carter.  Durante os anos noventa, Davis fixo xiras con notables artistas de jazz como Herbie Hancock, Dianne Reeves en Art Farmer.  No ano 2009 gravou o seu primeiro traballo como líder, Kenny Davis no selo Daken records.

Desde que chegou a Nova York, en 1991, Clarence Penn estivo tocando con grande cantidade de músicos, entre eles, Ellis e Wynton Marsalis, Betty Carter, Stanley Clarke, Steps Ahead, Makoto Ozone, Michael Brecker, Dave Douglas, Maria Schneider, Luciana Souza, Richard Galliano e Fourplay. A súa abraiante discografía inclúe varios centos de gravacións de estudio (entre ellas, as gañadoras do Grammy, “34th” e “Lex” de Randy Brecker e “Concert in the Garden” e “Sky Blue” de Maria Schneider), ademais xirou moito por América, Europa, Xapón e o sureste asiático. Compuxo ademais música para películas e publicidade.

Uri Caine, piano e teclados

Kenny Davis, baixo

Clarence Penn, batería

Entradas para Uri Caine Trio Feat. Kenny Davis e Clarence Penn en Auditorio Municipal de Vigo o 30 xuño

As entradas teñen un prezo de 5 €.

Non quedes sen elas!!

 

También podría interesarte...