Evento terminado

Entradas para Wöyza en Vigo

Wöyza en Vigo

Información adicional

Wöyza en Vigo

Información del evento

WÖYZA - Sala Radar, Vigo - 29/12/17 - 21:30

Ant. 9 € (+ gastos distribución) en Ticketea y Discos Elepé.

A actividade musical de Wöyza comeza en Vigo, co cambio de século, moi vinculada á escena hip hop e sempre co oido posto no soul máis clásico. O seu primeiro album aparece no 2008 "Pisando el suelo que ves", e tende unha ponte entre as distintas influencias musicais da artista, hip hop, soul, funk, gospel, R&B e as súas inquietudes sociais.

A publicación deste traballo permite a Wöyza xirar intensamente por España en 2009 e 2010 e tamén por Portugal, onde a súa alianza co grupo Dealema permite que o tema "Segunda Vinha" entre ata o nº1 de MTV Portugal.

O hábitat natural de Wöyza durante estes anos foi a militancia nas músicas "negras", axitando constamente a escena coas súas propostas, entre as que cabe destacar a creación do primeiro coro de gospel en Galicia e os seus constantes concertos e colaboracións con outros artistas.

Aberta aos cruces de estilos, durante estes anos xorden colaboracións en estudo e directo con músicos de tan diversos estilos, como os propios Dealema, Nach, Rapsusklei, Dani Reus, Carlos Nuñez, Bomba Stéreo ou a recente colaboración coa gaiteira Cristina Pato que se materializou nun concerto especial para as Bodegas Martin Codax no verán do 2017.

En 2016 chega o seu segundo traballo titulado "Pelea", onde vemos a evolución artística e persoal da autora, un traballo centrado na autosuperación, a independencia ou a sensualidade. O disco conta con varios produtores (Marco Polo, Mundo Segundo, Mweslee Arkestra) e a presenza constante de Wöyza en todos os recunchos do mesmo.

O 2016 remata co inicio dunha extensa xira de concertos, alcanzando bos resultados de público e crítica, presenza en festivais e tamén primeira a visita a México dentro do cartel do festival Nach & Friends, xunto ao propio Nach, Ismael Serrano ou Arkano entre outros.

A acollida do público latinoamericano foi excepcional e na actualidade Wöyza segue inmersa na xira de presentacion de “Pelea” en Europa e America.

https://youtu.be/mZNDjCn7Cko

 

 

 

También podría interesarte...