Event finished

Tickets for Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre en As Pontes

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre en As Pontes

Additional info

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre en As Pontes

  • 03 mar 2019
  • Cine Auditorio Alovi, As Pontes show map
Event information

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre en As Pontes

Non perdas o concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre o próximo domingo 3 de marzo do 2019 na Cine Auditorio Alovi de As Pontes a partir das 18:30 horas.

Xira Noró (Algunhas músicas do norte)  

Xabier Díaz deu os seus primeiros coa gaita nos anos 80 . A súa curiosidade facilitou a chegada de experiencias que se sucederon tendo sempre a música pop(ular) no horizonte: Xacarandaina, Rumbadeira, os primeiros traballos de campo, unha incesante actividade docente, asociacións, concursos, certames, etc.

Logo chegou a Nova Galega de Danza coa que participou nos espectáculos Alento, Engado e Tradicción entre os anos 2005 e 2009.

Berrogüetto chamou á porta de Xabier a inicios de 2008 e a viaxe durou até 2014, ano no que se anunciaba a disolución da banda. 

Grandes parceiros e amigos seus foron Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xosé Lois Romero, cos que participou no proxecto aCadaCanto e cos que editou aCadaCanto (2012) e A Rosa D`Adina (2014).

Ao longo dos anos, realizou un feixe de colaboracións en discos e concertos de diferentes artistas: Carmen París, Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, Guadi Galego e Os Cempés, entre outros/as. 

No ano 2015 editou The tambourine man xunto ás Adufeiras de Salitre, co que recibiu numeroros premios, e realizou máis de 70 concertos en España e o estranxeiro, Alxer, Oslo, Lorient, Le Chatre, Glasgow, Lisboa, Madrid ou Bruxelas.

Agora presenta Noró (Algunhas músicas do norte) Músicas de Salitre 2018 ©, un novo traballo compartido coas Adufeiras de Salitre que pon acento nas músicas que habitan o noroestepeninsular.

 

 

Entradas para Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre no Auditorio Alovi de As Pontes

As entradas para o concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre no Auditorio Cine  Alovi de As Pontes teñen un prezo desde 5 euros + gastos de xestión.

Could be of your interest...