Evento terminado

Entradas para ICC Week 2018 - AIE - A supervivencia na xungla dixital

ICC Week 2018 - AIE - A supervivencia na xungla dixital

Información adicional

ICC Week 2018 - AIE - A supervivencia na xungla dixital

  • 03 may 2018
  • Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, Ourense mostrar mapa
Información del evento

17h00 - 19h00 | Nacho García Vega e Luis Mendo: "A supervivencia na xungla dixital"

 

Nacho García Vega (17h00 - 18h00) - Músico e compositor

Guitarrista, cantante, compositor e icona da movida madrileña dos oitenta, liderou o grupo Na- cha Pop xunto ao seu primo Antonio Vega (falecido en 2009) e a mediados dos noventa emprendeu unha carreira en solitario. Quinto de seis irmáns, Nacho estudou no Liceo Francés e graduouse na Escola Universitaria de Informática da Universida- de Politécnica de Madrid. En 1977 formou xunto a Carlos Brooking e outros compañeiros de colexio o seu primeiro grupo de rock: Uhu Helicopter, que versionaba temas de Led Zeppelin, Ramones ou Bob Marley, ademais de Steely Dan e moitos outros que foron influencias fundamentais para Nacho. En 1978, xunto ao seu primo Antonio Vega e Carlos Brooking, crea Nacha Pop, un dos grupos bandeira do pop español dos anos 80. A banda publicou oito discos e realizou numerosas xiras entre 1980 e 1988. Nacho escribiu para o grupo máis de trinta cancións, entre elas temas emblemáticos como Grité una Noche, número 1 dos 40 Principales no Nadal de 1985, Vístete ou Nadie Puede Parar, que marcarían as listas de éxitos en 1987 e 1988. Despedíronse nun concerto en Madrid tras un baño de multitudes en México DF na sala Jácara titulado 80/88. Agora, 30 anos despois do último disco da banda, acaba de voltar cun novo traballo: Efecto inmediato.

 

Luis Mendo (18h00 - 19h00) - Músico e compositor

Tras graduarse como Técnico Superior en Gráfica Publicitaria en Ourense, a súa cidade natal, cursa a diplomatura de Deseño Dixital no Istituto Europeo di Design (IED) de Madrid. Comeza a traballar nunha produtora audiovisual como animadora pero meses despois volve á escola como titora en Artes Visuais para máis tarde traballar no departamento Media Lab do IED ata se converter na responsable da imaxe audiovisual da empresa. Sempre combinou o seu traballo con diversos proxectos de deseño como freelance tanto en cartelería, como en imaxe corporativa, deseño de discos, videoclips, etc. A gran protagonista dos seus deseños é a ilustración. Gústalle reducir ao máximo os conceptos para expresar ideas coa mínima cantidade de recursos. O seu estilo aposta polos trazos simples, polas cores planas e pola utilización de ferramentas dixitais rudimentarias como o Paint.
 

 

Lugar: Ourense | C.C. Marcos Valcárcel

 

También podría interesarte...