Evento terminado

Entradas para ICC Week 2018 - Creatividade e Sector TIC

ICC Week 2018 - Creatividade e Sector TIC

Información adicional

ICC Week 2018 - Creatividade e Sector TIC

Información del evento

10h30 - 13h30 | Luz Castro, Cynthia Gálvez, Sara Rodríguez: "CREATIVIDADE E SECTOR TIC - Viaxe á sociedade do coñecemento"

 

Luz Catro (10h30 - 11h30) - Gamificación e software galego

 
A traxectoria de Luz reflicte o seu dobre compromiso coa visibilización da lingua galega e as mulleres no eido das novas tecnoloxías. Ela mesma, como socia directora de Imaxin software, unha das empresas tecnolóxicas máis veteranas de Galicia, é un exemplo de xestión feminina. Logo de fundar a Plataforma polo Galego na Informática, no 1994, foi Vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística entre o 2002-2004. Foi vicepresidenta de EGANET (Asociación de empresas galegas adicadas a internet e ás novas tecnoloxías), promotora da Lacon Network, impulsora de Startup Galicia e Vogal do Comité de Dirección do Cluster TIC. No eido da investigación e a docencia, formou parte da Comisión de I+D+i da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia e tamén foi membro da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia. Colaborou co equipo de investigacións do Laboratorio de Redes de Neuronas Artificiais e Sistemas Adaptativos do Departamento de Computación da UDC. Actualmente, é formadora no Máster de Marketing Dixital da USC e profesora interina na Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña. Está especializada no desenvolvemento de xogos educativos, produtos multimedia e gamificación, e dirixe a área de in|gaming de Imaxin.
 

Cynthia Gálvez (11h30 - 12h30) - AV. VR. MR: Alén da tecnoloxía

Cynthia comezou a súa carreira unindo as súas dúas paixóns, o deseño e a tecnoloxía, creando a súa propia ferramenta de realidade aumentada e impulsando un proxecto de innovación para persoas con necesidades educativas especiais. Como responsable de I + D nunha startup , desenvolveu un proxecto mediante realidad e mixta con HoloLens, obtendo o premio á Mellor App Espa - ñola de XR 2017. Actualmente traballa como freelance para diversas empresas. Gústalle coñecer a realidade das persoas, por iso a experiencia do cliente é un dos ámbitos que explora . Apoia outras iniciativas para dar visibilidad e ás mulleres tecnólogas sendo organizadora do evento Women Tech Maker Zaragoza e da comunidade Mulleres Tech.


 Sara Rodríguez (12h30 - 13h30) - Vivendas medievais escavadas na rocha en Bulgaria

Licenciada en Dereito e Máster en Dereito Privado pola Universidade Complutense de Madrid. Desde 2014, cursou os estudos de Doutoramento en Dereito Mercantil na mesma universidade, cunha investigación centrada no Dereito da Competencia e as Plataformas Dixitais como mercados multilaterais. Actualmente é manager de asuntos públicos e regulatorios en Adigital -a Asociación Española da Economía Dixital- e en Sharing España, o colectivo de empresas da economía colaborativa, baixo demanda e de acceso, que nace dentro de Adigital. Adicionalmente, é avogada en exercicio, prestando asesoría a empresas, startups e emprendedores, principalmente do sector da economía colaborativa; asesora estratéxica de GovUp, un policy lab de innovación e profesora de aspectos legais da economía dixital no MBA Negocio e Transformación Dixital da Universidade Europea de Valencia.


Lugar: Leiro | San Clodio

También podría interesarte...