Invitación válida hasta agotar aforo
18h00 - 20h00 | Javier Mariscal, Maria Grande, Paco Clavel, Juan Sánchez, Bárbara Ouka Leele e José Manuel Baltar: "Mundos deseñados"
Javier Mariscal
Maria Grande
Paco Clavel
O innato axitador cultural Paco Clavel ten organizado ao longo da súa carreira exposicións, concertos e eventos de diversa índole, nos que sempre brillaron con luz propia a súa particular estética e o seu sentido do humor. Ademais, a singular personalidade deste artista, tan querida polo pú- blico español, ten servido de inspiración a músicos, pintores, fotógrafos, deseñadores de moda e cineastas. Nos anos 80, xunto con Luís del Campo, forma o grupo Bob Destiny & Clavel y Jazmín, que desenvolve o estilo musical chamado “guarripop” ou “cutreLux”, caracterizado por unha estética rechamante impulsada pola súa inimitable personalidade. Co grupo ou en solitario, Paco realiza infinidade de aparicións en televisión e actuacións en directo por todo o territorio español. No estranxeiro destaca a súa actuación no Baile de la Rosa, organizado pola familia real de Mónaco, que en 2008 estivo dedicado á Movida Madrileña. A súa actividade radiofónica está especialmente vinculada a Radio Nacional de España, onde participou en programas como El Guirigay ou Extravaganza. A isto hai que engadir o seu traballo como DJ en numerosos eventos como o World Pride Madrid 2017, o espazo Matadero-Madrid ou o festival de música Sonorama.
Juan Sánchez
Ao longo da súa carreira desenvolveu o seu traballo como documentalista en medios audiovisuais e programas como Queridos Cómicos e Otras Miradas, ou nas cintas ¿Quién fue Pilar Miró? (2011), Elio Berhanyer, maestro del diseño (2013), Con la pata quebrada (2013) e Manda huevos (2016). Ademais, tamén dirixiu o documental Moda y cine para o Museo del Traje de Madrid, traballou cos selos discográficos Quartet Records e Lemuria Music na edición de diversos discos de música cinematográfica, realizou varias colaboracións para as publicacións do Festival Internacional de Cinema de San Sebastián e escribiu artigos sobre cinema para as revistas Exhumed Movies, Candy Magazine e Simply ademais de editar os libros Varietés (2015), con Rafael Doctor, e Antoloxía Party (2017), con Valeria Vegas. Entre 1995 e 2012 colaborou co compositor Bernardo Bonezzi e desde 1993 realizou distintos proxectos xunto ao deseñador gráfico e fotógrafo Juan Gatti. Desde 2013 colabora con Paco Clavel en diversas exposicións centradas na música popular española.
Bárbara Ouka Leele
Nada en Madrid, en 1957, de nena impresiónanlle tanto as cores da natureza no bosque de San Rafael como as pinceladas de El Greco. Estudou fotografía en Photocentro, onde a mediados dos 70 estaban a fraguarse as tendencias artísticas en cernes. Froito da súa dobre paixón pola fotografía e a pintura nace o seu estilo personalísimo, que se plasmou en abundantes colaboracións de escenografía, fotografía, cartelería e deseño de vestiario nos campos do teatro, a danza, a ópera e o cinema. Na súa traxectoria atesoura numerosos premios, entre eles o Premio Nacional de Fotografía (2005). Creadora polifacética, tamén se aventurou no mundo da escultura en vidro e na dramaturxia, e publicou varios libros de poesía e a obra en prosa Axis mundi e outros relatos. Viviu en Barcelona, Madrid, Nova York, México e París e as súas experiencias vitais e a súa procura das orixes reflíctense na súa obra. Participou nun gran nú- mero de exposicións en distintos lugares do mundo, coas que alcanzou unha gran repercusión. En 2008 foi distinguida coa Medalla de Honor na XI Bienal Internacional do Cairo e en 2010, unha creación súa foi seleccionada na Bienal de Shangai para a sección de gran formato. Así mesmo, a súa obra ten sido obxecto de monográficos audiovisuais como La mirada de Ouka Leele, nomeada á mellor longametraxe documental nos Premios Goya de 2010. Ela mesma púxose tras as cámaras para rodar o curto Pour quoi? sobre o relato de Caddy Adzuba. Tamén foi retratada por Miquel Barceló. Desde 2014 é xurado das artes no Premio Princesa de Asturias.
Manuel Baltar Blanco
Lugar: Ourense | C.C. Marcos Valcárcel